Home A Coruña Gonzalo Muíños insta ao goberno local a planificar a mobilidade no corredor...

Gonzalo Muíños insta ao goberno local a planificar a mobilidade no corredor Pardiñas-Galanas á vista das obras de humanización do Milladoiro

- Anuncio -

Explica que ata 30.000 vehículos utilizan diariamente a N-550 e teme que parte de ese tráfico se desvíe por Pardiñas (Laraño)

Propón tamén que Concello e consellería de Infraestruturas xestionen xunto ao Ministerio de Transportes posibles bonificacións con AUDASA para o tramo Padrón-Santiago mentres se executan as obras

Á vista das obras de humanización do Milladoiro que foron adxudicadas polo Ministerio de Transportes no mes de xaneiro, o Grupo Municipal Socialista reclamará no pleno do próximo mércores que se inicien canto antes os traballos para a planificación da mobilidade na zona. Concretamente, Gonzalo Muíños teme que o inicio de estas obras desvíe parte do tráfico pola vía de titularidade municipal de Pardiñas (Laraño) que, insiste, non estaría en condicións asumir ese volume de vehículos.

Estímase que aproximadamente 30.000 coches utilizan diariamente a estrada nacional 550. Ante estes datos, o edil socialista insta ao executivo de Sanmartín a que, conxuntamente coa consellería de Planificación de Infraestruturas, elaboren un plan de mobilidade no que se estuden as alternativas ao tráfico que non poida circular pola avenida do Milladoiro durante a execución das obras.

“É evidente que esta vía que atravesa Pardiñas non está preparada para asumir esa carga de tráfico” insiste Gonzalo Muíños que lembra ademais que a propia asociación veciñal A Xunlla de Laraño, vén denunciando o impacto que esta actuación vai ter para a mobilidade na zona. De feito, precisa que xa na actualidade “hai moitos vehículos, tamén pesados, que utilizan as pistas desde Pardiñas ata a ponte de Paredes, resultando realmente perigosa para os viandantes e a rapazada que camiña pola estrada cando baixan do bus escolar”.

Lembra que, ante este incremento do tráfico, e logo de comprobar a alta velocidade á que transitaban pola zona, durante o pasado mandato se instalou un radar informativo: “e agora, durante este mandato, deberiamos traballar para que se lle dera continuidade á senda peonil do Larañiño e se dote esta vía de beirarrúa” insiste Muíños.

Bonificacións no tramo Padrón-Santiago

Na mesma liña de evitar a conxestión de tráfico polas vías de Pardiñas, o portavoz socialista propón tamén que o goberno municipal, xunto á consellería de Planificación de Infraestruturas e o ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible xestionen, con AUDASA, “a posibilidade da redución ou gratuidade do tramo Padrón Santiago en tanto en canto se executen estas obras”.

Relacionadas

Xunta e Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de proximidade

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez, a concelleira de Promoción...

O Concello adxudica os traballos de mellora do campo de fútbol municipal Víctor Fernández...

0
A actuación, que consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral, ten un orzamento de máis de 430.000 euros O Concello vén de...

Neda reforzará as partidas de emerxencia social e a axuda no fogar cos fondos...

0
O Concello de Neda destinará o POS+ Adicional 2025 a reforzar as partidas municipais destinadas a facer fronte tanto aos gastos de emerxencia social...

Albert Pla pecha este sábado a programación do Ciclo Principal de outono no Teatro...

0
Últimas entradas á venda de cara ao espectáculo do polifacético artista catalán, recoñecido polo seu traballo musical e as súas colaboracións con Robe Iniesta,...

Carballo segue a amosar a súa solidariedade coas vítimas da DINA cun concerto benéfico...

0
Quercus Blues, Rusty Nuts, Lowcos e The Cerne actuarán o sábado 28 a partir das 20.00 horas na carpa da Praza do Concello Carballo é...

Incendio na nave do Matadoiro de Vilaseco, en Vimianzo

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo, apoiados polo parque de Santa Comba, acudiron sufocar o incendio producido no Matadoiro de Vilaseco, na parroquia...

Publicacións Relacionadas