Home A Coruña Visita á Centenaria Francisca Lamas

Visita á Centenaria Francisca Lamas

- Anuncio -

Francisca Lamas Mallo, veciña de Cortiñán, celebrou hoxe o seu cen aniversario rodeada da súa familia.

Lamas, quen chegou a Cortiñán en 2003 cunha das súas fillas por motivos laborais, viviu toda a súa vida traballando a terra. Á súa avanzada idade goza dun moi bo estado de saúde. Mostra diso é que tan só toma unha pastilla para a tensión e unha das súas grandes afeccións é a comida. Outro dos seus grandes pasatempos é a conversación; é máis, é como mellor pasa o seu tempo.

Nai de dúas fillas e un fillo -xa falecido-, ten cinco netos e tres bisnietos e é viúva desde 1971. É unha habitual do Encontro de Maiores que organiza o Concello de Bergondo e esta mañá confirmou á alcaldesa que, se non hai ningún imprevisto, tamén asistirá á edición deste ano.

Para conmemorar tan sinalada efeméride a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, desprazouse ata o seu domicilio para facerlle entrega dun ramo de flores. Ademais dunha das súas fillas, coa que reside habitualmente, hoxe estivo acompañada da súa outra filla e dun neto e a súa parella, que non quixeron perderse os seus aniversarios.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas