Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán ofrece unha xornada de reforestación ao alumnado de...

O concello de Nigrán ofrece unha xornada de reforestación ao alumnado de Manchester no CPI Arquitecto Palacios E CEIP Mallón

- Anuncio -

O grupo de 70 crianzas plantou 80 árbores coa axuda da Brigada Forestal Municipal e axentes medioambientais de Medio Rural

O Concello de Nigrán ofrececeu esta mañá unha xornada de reforestación no parque forestal Os Matos-Río Táboas ao alumnado do CPI Arquitecto Palacios de Panxón e CEIP de Mallón coincidindo coa presencia de 26 estudantes de Manchester en ambos centros educativos. En total, o grupo composto por 70 crianzas e profesorado plantou 80 árbores (cerdeiras, serbal dos cazadores, bidueiras, carballos e pradairos) asesorados pola Brigada Forestal Municipal e dúas brigadas de Medio Rural (de Tebra e Bembrive) xunto a motobomba de Peinador e un axente forestal.

O C.P.I. Arquitecto Palacios e o C.E.I.P. Mallón realizan o intercambio con alumnado de 5° e 6° Primaria da escola inglesa ‘RC St. Catherine’s Primary School’, do barrio de Didsbury, en Manchester (O CEIP Humberto Juanes tamén mantén intercambio con Manchester desde hai 19 anos, pero con diferentes centro educativo). Neste caso, dende 2008 e 2013 respectivamente viaxaron máis de 500 estudantes e recibiron a preto de 1.000. Este ano viñeron 26 nenos e nenas de quinto de Primaria cos seus respectivos adultos e 4 profesores para pasar unha semana que remata mañá, 23 de abril, cunha despedida no Auditorio Municipal.

Relacionadas

O IES de Salvaterra inaugura o patio inclusivo dentro do seu I Festival das...

0
O pasado mércores o IES de Salvaterra de Miño organizou o I Festival das Letras Galegas, unha máis das actividades enmarcadas dentro do mes...

A Feira Abanca Semana Verde arrancou hoxe coas súas propostas máis profesionais

0
A Feira Internacional Abanca Semana Verde arrincou hoxe a súa 46ª edición, a cal foi inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Nesta...

Os mellores exemplares das razas autóctonas en perigro de extinción decidíronse hoxe na feira...

0
OS SEUS CONCURSOS MORFOLOXICOS TUVIERON LUGAR NO MARCO DESTE CERTAME MULTISECTORIAL, EN CUXA EXPOSICIÓN SE PODEN VER ESTES ANIMAIS DENDE HOXE E ATA O...

Nace o Observatorio da Xunqueira de Ramallosa, un proxecto pioneiro en accesibilidade e tecnoloxía...

0
Trátase dun proxecto promovido polo Concello de Gondomar financiado pola convocatoria Leader 2023-2024 a través de EuRural Favorecer o achegarse á natureza sen obstáculos físicos...

A Rosa de Mos inicia nova etapa tras médio século de historia

0
A 51 edición da festa trasládase ao Pazo de Mos e ten como pregoeira á influencer mosense Tamara García Esta mañá tivo lugar na contorna...

O BNG de Vigo agarda que a Xustiza poña luz na “chanchullada escura” que...

0
A fronte nacionalista agarda que o proceso xudicial que se vén de iniciar permita aclarar até o final o escándalo levantando a “xigantesca alfombra...

Publicacións Relacionadas