Home A Coruña As nenas e nenos máis pequenos, protagonistas do Día do Libro en...

As nenas e nenos máis pequenos, protagonistas do Día do Libro en San Sadurniño

- Anuncio -

Este martes 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro. Unha data na que se multiplican as actividades de animación á lectura e de promoción do sector, sobre todo da vertente creativa. En San Sadurniño as propostas comezaron xa hoxe con dous contacontos dirixidos á rapazada do CPI e da EIM A Rolada ofrecidos pola narradora Vero Rilo e a escritora e divulgadora María Canosa. Mañá, día grande da literatura -que virá seguido en menos dun mes da festa das Letras Galegas- tocaralle a quenda a un obradoiro co debuxante Óscar Villán, Premio Nacional de Ilustración en 1999.

No caso do alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria do CPI de San Sadurniño, a Biblioteca Municipal convidou a Vero Rilo a través do programa Ler Conta Moito para compartir coa rapazada a escolma oral “E a ti que che contaban…?”.

Neste espectáculo, a contadora seleccionou obras de autoría coñecida con outras tradicionais ás que lles xuntou xogos, co obxectivo de achegar ás nenas e nenos á fantasía, sabedoría e riqueza da memoria colectiva feita palabra. Contos que Rilo -unha das grandes narradoras galegas da actualidade- enriquece con pinceladas que transmiten valores como o do respecto, a igualdade, ou a corresponsabilidade.

Mañá, tamén na Casa da Cultura, os cativos e cativas de 4º e 6º de Educación Primaria -5º anda preparando a ópera deste ano do proxecto LÓVA- asistirán a un obradoiro impartido polo debuxante Óscar Villán, autor entre outras das ilustracións da serie “O Coelliño branco” da editorial Kalandraka, que lle valeron en 1999 o Premio Nacional de Ilustración.

A actividade ten como obxectivo sementar entre as pequenas e pequenos a curiosidade polo debuxo que complementa as narracións, ás veces como parte máis importante. Tal e como apunta a responsable da biblioteca, a charla “centrarase no proceso de ilustración dun libro que toma como referencia o traballo do propio Óscar inicialmente, pero tamén o de moitos outros debuxantes, pintores e artistas con estilos e puntos de vista distintos, coa intención de mostrar o amplo abano de posibilidades que ofrece o mundo do debuxo, do libro ilustrado e da arte”.

Esta iniciativa organizada pola Biblioteca Municipal de San Sadurniño súmase con motivo do Día do Libro a outras que levará a cabo o propio centro de ensino durante a xornada. É o caso, por exemplo, dos “apadriñamentos” onde o alumnado dos últimos cursos de Primaria escolle libros na biblioteca da escola para contarlle contos ou anacos de historias ás nenas e nenos máis pequenos, quen logo lles volven o detalle ás súas madriñas e padriños cun pequeno agasallo.

“Unha fábrica de bicos” na EIM A Rolada
Ademais do alumnado do CPI, o da EIM A Rolada tamén participou nunha sesión co gallo do Día do Libro. De feito, as crianzas da escola infantil recibiron a visita da escritora de literatura infantil e xuvenil -ademais de poeta e columnista- María Canosa.

Canosa, moi coñecida tamén pola súa faceta televisiva, tróuxolles a súa obra “Unha fábrica de bicos”, protagonizada por Mindi, unha nena á que non lle gusta que lle dean bicos… nin tampouco dalos. Ese é o arranque dunha historia na que a protagonista -e tamén as nenas e nenos da Rolada- descubriron a máquina que fabrica bicos no noso interior e os fai saír polos beizos.

Relacionadas

O colexio Apóstolo Santiago achégase a Terra de vida

0
O centro de ensino compostelán participou o martes nos obradoiros ambientais promovidos polo Concello de San Sadurniño e Rexenerando Rapazada do colexio Apóstolo Santiago visitou...

Camión envorcado na N-VI ao seu paso polo concello de Coirós

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 13:00 horas deste mediodía dunha incidencia que involucrou a un camión...

Aberto o prazo para solicitar as subvencións dirixidas a entidades culturais, deportivas, educativas e deportistas...

0
O período para a presentación de solicitudes é dun mes. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña publica hoxe as bases da convocatoria de...

O pleno acorda aprobar a candidatura da Laracha a obter a distinción de “Cidade...

0
Tamén se aprobou a modificación de crédito necesaria para financiar obras de mellora da accesibilidade no parque empresarial e de instalación da iluminación na...

Brión acollerá este sábado un baile solidario de swing da ONG Harambee para apoiar...

0
Haberá unha Master Class e despois baile libre no centro social polivalente brionés, de 17:00 a 19:00 horas O centro social polivalente de Brión acollerá...

O PP de Culleredo deixa ao alcalde, José Ramón Rioboo, que cumpra o acordo...

0
∙ O compromiso alcanzado en marzo, por unanimidade, pedía que “coa máxima urxencia” se levara a cabo un novo proxecto que recollese todas as...

Publicacións Relacionadas