Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación concede 35.000 euros ao Concello de Lalín para instalar sistemas...

A Deputación concede 35.000 euros ao Concello de Lalín para instalar sistemas de marcadores no estadio Miguel Anxo Cortizo e no pavillón municipal

- Anuncio -

Estes recursos súmanse aos case 70.000 € que xa recibiu Lalín ao abeiro do Plan de Infraestruturas Deportivas para actuacións en diferentes equipamentos

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas mobilizou xa máis de 1,8 millóns de euros entre 29 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova axuda de case 35.000 euros ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para o Concello de Lalín, que lle permitirá adquirir sistemas de marcadores tanto para estadio Manuel Anxo Cortizo como para o pavillón municipal de deportes. En total, o Concello de Lalín xa recibiu 102.000 euros para renovar infraestruturas deportivas municipais ao abeiro deste Plan, xa que aos recursos que acaban de ser comprometidos hai que engadir outros 67.000 euros destinados a diferentes actuacións no mesmo estadio e no Lalín Arena.

O Concello de Lalín dedicará esta nova achega de 34.848 euros do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas a renovar os marcadores do estadio Manuel Anxo Cortizo e do Pavillón Municipal de Deportes xa que, na actualidade, están obsoletos e requiren constantes reparacións. En concreto, para o Manuel Anxo Cortizo adquiriranse dous marcadores para exteriores, un de 12 módulos e outro de 6, para cada un dos campos, mentres que o pavillón municipal recibirá un marcador de 6 módulos. En ambos casos inclúese a instalación completa dos marcadores, que terán características como indicadores de tempo, de faltas de equipo, de contas regresivas, etc., así como os sistemas de soporte.

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, dirixido aos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, mobilizou ata o momento máis de 1,8 dos 4 millóns de euros orzamento total, con achegas, ademais de para Lalín para A Cañiza, A Estrada, A Lama, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Marín, Meis, Mondariz-Balneario, Moraña, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Valga, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

Relacionadas

A Deputación felicita o Nadal a través da Real Banda de Gaitas, que recupera...

0
Titulado “Ourense, tempo de soños”, este traballo audiovisual está protagonizado por Daniela, que ademais de cumprir o seu soño, revive cos acordes desta peza...

Pazolandia abrirá as súas portas o 26 de decembro con importantes novidades como pista...

0
O parque de atraccións máis importante de Galicia, con máis de 8.000 metros cadrados de actividades, estará aberto ata o 4 de xaneiro, en...

Luis Menor destaca a Pilar Cernuda, Premio Carlos Casares de Xornalismo 2024, como “parte...

0
O presidente provincial enxalzou no Casino Antelano á gañadora deste galardón como unha das xornalistas pioneiras da democracia, vivindo en primeira persoa os feitos...

A Deputación axudará aos concellos na elaboración dun censo de instalacións con amianto e...

0
A institución provincial asumirá ao 100% o custe das actuacións, que inclúen, ademais do citado censo, unha proposta de calendario e planificación para a...

O Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo espalla a música e os xogos tradicionais...

0
A Escola Provincial de Danza-Castro Floxo participa mañá en Bande no primeiro Encontro de Cantos de Nadal da localidade; o 28 de decembro actuará...

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Publicacións Relacionadas