Home Xunta de Galicia A Xunta inviste 2M€ na mellora das infraestruturas turísticas de preto de...

A Xunta inviste 2M€ na mellora das infraestruturas turísticas de preto de 70 concellos do rural galego

- Anuncio -

— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas de Turismo de Galicia para a diversificación do turismo nos concellos de menos de 10.000 habitantes


— Tamén se publican as axudas para embelecemento do litoral cun investimento de 2,7M€ das que se beneficiaron 67 proxectos de 41 concellos galegos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da liña de axudas destinada a concellos galegos de menos de 10.000 habitantes coas que a Xunta de Galicia busca o impulso e consolidación turística do rural galego ao tempo que promove a diversificación turística polo territorio. En total foron beneficiarios 67 concellos cun investimento global de 2M€.

Como se indica na resolución, entre os beneficiarios inclúense iniciativas para a posta en valor da súa riqueza histórica, acondicionamento de sendeiros, sinalización turística, construcción de miradoiros, acondicionamento de recursos culturais, patrimoniais e paisaxísticos. Ademais, tamén hai actuacións de posta en valor turístico dos recursos e proxectos centrados na rehabilitación ou restauración para a súa dedicación a usos turísticos así como proxectos con melloras de accesibilidade como eliminación de barreiras arquitectónicas, entre outras.

Xunto a estas axudas, o Diario Oficial de Galicia tamén publica a resolución da segunda convocatoria destinada a concellos galegos para levar a cabo accións de embelecemento do litoral e potenciar así o seu uso turístico, cun investimento global de 2,7M€. Neste caso foron beneficiarios un total de 64 proxectos en 41 concellos do litoral galego que comprenden iniciativas como melloras paisaxísticas en paseos marítimos, creación de contidos e recursos turísticos dixitais, recuperación de sendeiros entre puntos turísticos ou sinalización, entre outras.

Neste caso é unha das axudas do Plan de Sustentabilidade Turística do Litoral que, cun investimento global de 29,3M€, se enmarca no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para aproveitar o financiamento europeo no camino á transformación dixital e o incremento da competitividade dos destinos. Inclúe a posta en marcha de medidas transversais destinadas ao litoral galego como dúas convocatorias anteriores para concellos e establecementos para rehabilitación de recursos emblemáticos do litoral galego, xa resoltas, e ademais, entidades locais están executando distintos Plans de Sustentabildiade Turística en Destino.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas