Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na feira organizada pola Deputación con motivo do Día do Libro

- Anuncio -

José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros co patrocinio da Deputación

O presidente provincial recibiu esta mañá ao conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, Jose López Campos, no seu primeiro acto público en Ourense, que consistiu unha visita institucional aos 10 expositores que a Asociación Provincial de Libreiros instalou na cidade con motivo do Día do Libro, sendo unha actividade organizada pola Deputación, en virtude dun convenio de colaboración con este colectivo. Na visita tamén estiveron presentes o secretario xeral da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Anxo Lorenzo; así como a xefa de servizo de Coordinación Cultural na provincia de Ourense, Sandra Quintas; e o director da área de Cultura da Deputación, Marcos Vázquez Guzmán.

Luis Menor desexoulle a López Campos “os maiores acertos no profesional” e brindoulle a cooperación da Deputación, “para sacar adiante moitos proxectos e dinamizar aínda máis a nosa provincia”.

Precisamente, o conselleiro de Cultura secundou as palabras do presidente da Deputación, sinalando como “fundamental” a colaboración entre administracións “en todos os eidos da administración e a xestión pública, pero de xeito moi especial na parte que lle corresponde á Consellería de Lingua, Cultura e Xuventude”, explicou José López Campos.

Relacionadas

Rafa Domínguez visita no Museo Reino Sofía a exposición sobre o ‘Esperpento’ ideado por...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, visitou este martes no Museo Reino Sofía de Madrid, onde se atopa como parte da delegación...

Luis López adianta ao novo alcalde de Caldas un apoio dun máximo de 1,6M€...

0
O presidente provincial vén de manter un encontro institucional co rexedor Jacobo Pérez no que abordaron asuntos de interese mutuo para ambas as administracións O...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Baiona e Covelo para...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou este martes os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da...

Jacobo Pérez analiza co presidente da Deputación proxentos e actuacións para “continuar consolidando a...

0
• O alcalde mantivo este martes a súa primeira reunión con Luís López, na que se analizaron os proxectos impulsados a través do programa...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á presentación do novo proxecto para impulsar o desenvolvemento...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe á presentación do novo proxecto deseñado para impulsar o desenvolvemento e a competitividade do...

A cidade de Ourense alcanzou cifras récord de afluencia turística en 2024

0
O índice de ocupación hoteleira superou o de anos anteriores no mes de novembro, segundo a enquisa que realiza o INE A cidade aumentou a...

Publicacións Relacionadas