Home A Coruña O Concello destinará 400.000 euros en axudas ás entidades deportivas

O Concello destinará 400.000 euros en axudas ás entidades deportivas

- Anuncio -

O Goberno de Inés Rey reafirma o seu compromiso coa convocatoria destas subvencións, que triplicaron a súa contía desde 2019

O Concello da Coruña convoca, un ano máis, as subvencións dirixidas a entidades deportivas sen ánimo de lucro para o fomento e apoio á realización de actividades físicas e deportivas durante este ano. O Goberno de Inés Rey destinará 400.000 euros a estas axudas, reafirmando o seu compromiso co deporte coruñés. A contía destinada triplica os 120.000 euros da convocatoria do 2019.

O Goberno municipal, a través do diálogo coas diferentes entidades, actualizou nesta edición a clasificación das actividades que optan ás axudas. Concretamente, haberá catro tipos. A primeira delas será a actividade deportiva federada, á que se destinará un 37,5% do orzamento (ata 150.000 euros). A segunda sería a actividade física ou deporte non federado, que contará cun 12,5% da contía total (ata 50.000 euros). A terceira opción será a de campamentos e campus, con outro 12,5% e ata 50.000 euros asignados.

Por último, tamén se terán en conta actividades deportiva de carácter extraordinario, cun orzamento asignado do 37,5% do total e ata 150.000 euros. Esta categoría inclúe a organización de eventos deportivos e competicións na cidade e, en caso de estar xustificado, fóra do termo municipal.

O prazo de presentación da documentación será de 20 días naturais a contar desde a publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, que se produciu este mércores. Toda a documentación requerida pode atoparse na sede electrónica do Concello, onde tamén deberán dirixirse as entidades interesadas para presentar a solicitude.

O Concello atende, ano tras ano grazas a estas axudas, a diversidade e riqueza de disciplinas deportivas que se desenvolven na cidade, apoiando actividades como baloncesto, fútbol sala, balonmán, atletismo, hóckey sobre patíns e sobre herba, xadrez, pesca submarina, patinaxeartística e en liña, natación, waterpolo, tenis de mesa, ximnasia rítmica, halterofilia, vela, judo, automobilismo, piragüismo ou tiro con arco, entre outros. Coa convocatoria destas axudas, o Concello reforza o seu compromiso co tecido deportivo da cidade, dando continuidade á rede de axudas a entidades deportivas con sede no municipio e cumprindo co obxectivo do Goberno de Inés Rey de acadar un modelo de cidade máis activo, saudable e referente en actividades deportivas.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas