Home A Coruña A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, único destino galego incluído no proxecto...

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, único destino galego incluído no proxecto ‘Paisaxes Sonoros’

- Anuncio -

• Esta iniciativa, impulsada pola Rede Española de Desenvolvemento Rural, promove a diversidade e o patrimonio cultural de diferentes comarcas españolas a través dun podcast.

• As Mariñas Coruñesas protagonizarán un dos 15 episodios do programa.

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas foi o único destino en Galicia seleccionado pola Rede Española de Desenvolvemento Rural (REDR) para participar no seu proxecto ‘Paisaxes Sonoros’. Esta iniciativa consiste nun podcast que descobre aos seus oíntes diferentes comarcas rurais de España.

O proxecto consta de 15 episodios de 20 minutos, cada un dedicado a unha localización, nos que se pon en valor a diversidade e o patrimonio cultural e social de cada lugar. Así, transpórtase aos oíntes destacando a beleza das paisaxes, a riqueza patrimonial ou a hospitalidade da xente que habita cada territorio.

O equipo de ‘Paisaxes Sonoras’ xa visitou algúns dos territorios da Reserva de Biosfera, realizando gravacións e entrevistas co obxectivo de transmitir a autenticidade da nosa contorna e promocionalo en toda España. Tamén se poñerá en valor, ademais da o territorio, a Marca de Calidade e a todo o empresariado local certificado baixo esa marca.

O presidente da Reserva de Biosfera, José Antonio Santiso, destaca “a gran oportunidade que supón para nós poder aparecer nun programa de alcance nacional e desta calidade, podendo chegar a potenciais visitantes de todo o territorio nacional e que queiran vir descubrir todo o noso potencial en persoa”.
Agradeceu a oferta da Rede Española de Desenvolvemento Rural e aproveitou para “convidar a nosa reserva a todas aquelas persoas que queiran gozar dunha forma de turismo diferente, concienciada co medio ambiente e que pon en valor os produtos locais, cun selo de calidade certificado que garante a excelencia”.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas