Home A Coruña Dende un grupo de ANPAs dos centros de ensino, e en colaboración...

Dende un grupo de ANPAs dos centros de ensino, e en colaboración co Concello de Oleiros, temos o pracer de presentar a formación para toda a comunidade educava:Cerebro e pantallas

- Anuncio -

Dende un grupo de ANPAs dos centros de ensino, e en colaboración co Concello de Oleiros, temos o pracer de presentar a formación para toda a comunidade educava:
Cerebro e pantallas
María Couso
Xoves 25 de abril, 17.00 horas
Auditorio de A Fábrica (Perillo)

Vivimos nun mundo onde a tecnoloxía introdúcese na vida das persoas a idades cada vez máis novas e as pantallas (incluída a televisión) acompañan ás nosas xeracións dende o berce. Pero sabemos realmente cales son as consecuencias cognivas do consumo nos primeiros anos de vida?

Quizais poucos reflexionamos sobre a importancia que gañou a era dixital no noso desenrolo. Moitos pais e profesionais, levados pola falsa crenza de que a tecnoloxía é sinónimo de desenvolvemento, introducen aos seus fillos no mundo dixital crendo que por ser “navos dixitais” xa están preparados dun xeito diferente ao que estaban os cerebros dos nosos avós cando naceron.

De aí nace a necesidade de comparr datos con rigor cienfico que aporten luz sobre esta cuesón e nos leven a posicionarnos de forma críca e reflexiva ante os acontecementos que nos rodean.

O confinamento pola pandemia de COVID agravou todo o abuso de pantallas que xa se estaba producindo na prácca e a pesar das súas achegas posivas neses meses, o certo é que a maior parte do uso que se fixo da tecnoloxía foi lúdico e non necesariamente para resolver a distancia sica entre as persoas.
Sexamos conscientes de todas as consecuencias cognivas do uso de pantallas a idades temperás cunha base plenamente neurocienfica e polo tanto obxecva e fiable.
CONTIDOS DA FORMACIÓN
1. Maduración do cerebro
2. Tecnoloxía e movación
2.1.O movo da adicción tecnolóxica
2.2. Adiccións derivadas da tecnoloxía na infancia e adolescencia
2.3. Nova clasificación internacional de trastornos do xogo a través da pantalla 3. Organizacións internacionais e pantallas
4. Consecuencias da exposición a pantallas
4.1. A nivel visual
4.2. A nivel relacional
4.3. A nivel cognivo
4.4. Atención
4.5. Soño
4.6. Creavidade
4.7. Habilidade emocional
4.8. Linguaxe (oral e escrita)
5. TEA e Pantallas
6. Obsolescencia tecnolóxica
7. COVID e tecnoloxía
8. Beneficios do uso de pantallas
9. Adolescencia e tecnoloxía
10. Uso educavo da tecnoloxía
11. Factores prevenvos
12. Decálogo dunha boa praxe acorde ó desenrolo cognivo
13. Que facer cando xa hai adicción?

María Couso é licenciada en Pedagoxía en 2009 pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), Máster en Psicopedagoxía Clínica no 2010, Grado en Primaria en 2020 pola Universidade Camilo José Cela (UCJC), Posgrado e Máster de Neuroeducación pola Universidade de Barcelona (UB).

Leva a cabo a súa labor profesional en varios ámbitos do sector educavo dende hai 17 anos. Prestou apoio psicopedagóxico na chegada de nenos adoptados procedentes doutros países (China, Rusia, Eopía) con idades variadas para a súa inserción no sistema educavo e o acompañamento durante toda a etapa académica obrigatoria. Así mesmo traballou con nenos con dificultades de aprendizaxe e trastornos como dislexia e TDAH (atención á diversidade). Dende 2019 ofrece formacións ó profesorado e ás familias de forma aberta por todo o territorio nacional co seu proxecto “Cerebro y Juego” promovendo o uso de xogos de mesa como ferramenta de aprendizaxe (ABJ) e como metodoloxía facilitadora de procesos cognivos a través da súa web playfunlearning.es e do seu Instagram @play.funlearning.
Paralelamente imparte formacións sobre desenrolo cognivo e funcións execuvas, competencia lingüísca e matemáca así como sobre o impacto que as pantallas xeran no desenrolo dos nenos. Realizou presentacións para a Universidade de Alicante e a Universidade de Murcia así como para o Goberno Foral de Navarra e parcipou entre outros no Foro de Educación Nacional de Faro de Vigo nas edicións de 2021 e 2022.
En xaneiro de 2023 sae á venta o seu primeiro libro da man de Planeta baixo o selo de Desno tulado “Cerebro, Infancia y Juego” do que a súa 2ª edición se reedita en tan só 12 días tralo lanzamento da 1ª e a 3ª a 3 meses.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas