Home A Coruña O BNG solicita convocar de xeito inmediato a Comisión Especial do Aeroporto

O BNG solicita convocar de xeito inmediato a Comisión Especial do Aeroporto

- Anuncio -

Urxe a transparencia e concretar a información á veciñanza

As alegacións non foron contestadas

A nova “pegada sonora” do Aeroporto de Albedro está aprobada, sen resposta para as alegacións presentadas e sen que o Concello de Culleredo aclare en que vai afectar aos propietarios de inmobles e ao urbanismo do municipio, tanto presente, como futuro. Lembremos que o propio alcalde dixo en Pleno que os inmobles existentes quedarían “fóra de ordenación”.

De todo isto temos noticia pola prensa. Así que é por iso que o BNG de Culleredo solicita a convocatoria inmediata da Comisión Especial do Aeroporto no Concello de Culleredo. Pola súa banda, o goberno municipal anunciou xuntanzas con colectivos afectados, pero sen concretar a data das reunións nin os colectivos de afectados aos que se refire.

O documento de servidumes aeronáuticas acústicas, o mapa de ruido e o plan de acción foi publicado no BOE o pasado día 20 de abril. Os tres concellos afectados presentaron alegacións en 2020. Ningunha delas foi respostada polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, pero o proxecto non muda desde a exposición pública e a afección vese aumentada con respecto á actual.

Segundo sabíamos desde o período de exposición pública, os núcleos de poboación máis afectados serían O Burgo, Acea de Ama, Almeiras, Liñares, A Hermida ou Tarrío (Culleredo), Montrove ou Liáns (Oleiros) ou o Graxal (Cambre). En definitiva, un tercio da poboación e do territorio de Culleredo se verían directamente afectados. Así, tendo en conta que a maioría do solo afectado é de uso residencial, veríanse afectadas perto de 5.000 mil vivendas, das que case 3.000 nin sequera están dentro do plan de insonorización actual, e case 10.000 persoas serían prexudicadas.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas