Home A Coruña Inés Rey presenta o catálogo da mostra antolóxica do pintor Cheché Martín,...

Inés Rey presenta o catálogo da mostra antolóxica do pintor Cheché Martín, que se poderá visitar desde xuño en María Pita

- Anuncio -

“É case imposible abranguer a cantidade de dimensións nas que se moveu, talvez só poidamos facelo definíndoo como un home de mundo, un mundo cuxa capital era A Coruña”, sinalou a alcaldesa

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou esta mañá o catálogo da mostra ‘Cheché Martín. A vida nun trazo’, que acollerá a Sala de Exposicións do Pazo Municipal de María Pita do 20 de xuño ao 28 de xullo. Xunto á rexedora estiveron, o comisario da mostra e autor do catálogo, Rubén Ventureira, e familiares de Cheché Martín, entre eles a súa filla Marita Carmona, que interveu no acto, celebrado hoxe coincidindo coa celebración dos cen anos do nacemento do artista.
“É case imposible abranguer a cantidade de dimensións nas que se moveu, talvez só poidamos facelo definíndoo como un home de mundo, un mundo cuxa capital era A Coruña”, sinalou Inés Rey durante a súa intervención. A mostra afondará na figura do pintor do coruñés, tamén coñecido por ser un xogador do Deportivo e outros equipos e adestrador emblemático do club coruñés. A exposición das súas pinturas enmárcase no centenario do nacemento do artista.

A través de máis de 130 páxinas, o catálogo da mostra ‘Cheché Martín. A vida nun trazo’ repasa as súas diferentes facetas, a artística, a futbolística e a de exiliado. “As mellores sensibilidades que fixeron da Coruña a gran cidade que foi e que segue sendo resultan fáciles de identificar no diverso percorrido persoal de Cheché Martín, a quen podemos considerar un aglutinador da nosa personalidade urbana, da nosa riqueza social”, indicou a alcaldesa durante a súa intervención.

Rey agradeceu o traballo de investigación de Rubén Ventureira e Marita Carmona acerca da figura artística de Cheché Martín, a máis descoñecida ata o de agora, e a xenerosidade da familia por ceder as súas obras e diferentes documentos para a ocasión. A exposición estrutúrase en cinco partes: os seus inicios en América, os artistas europeos como froito de inspiración, o seu retorno a América, o regreso a España e os seus últimos anos.

A alcaldesa animou a toda a cidadanía a acudir a partir do vindeiro 20 de xuño a ver esta exposición e coñecer máis a figura de Cheché Martín a través do catálogo, que conta con textos do propio Rubén Ventureira, Marita Carmona, Arturo Lezcano, Carlos Fernández, Luis Caruncho e Miguel González Garcés.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas