Home A Coruña Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

- Anuncio -

Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas as contratacións do Concello realízanse conforme á Lei de Contratos do Sector Público. Todos os contratos do Concello de Oleiros superiores a 15.000 euros adxudícanse mediante concurso público, contan con todos os informes preceptivos de Secretaría e Intervención, están á vista de calquera cidadán ou empresa na Plataforma de Contratación do Estado e publicítanse en tempo e forma.

Dos 2.769 contratos realizados polo Concello de Oleiros nos anos 2019 e 2020, La Voz de Galicia tampouco di que o Consello de Contas só detectou deficiencias en 4, que foron aclaradas ao non presentar ningunha ilegalidade. Dous deles superaban os 15.000 euros porque se lles engadira o IVE; outro é un pagamento ao Rexistro da Propiedade que non é posible sacar a concurso; e o cuarto dos expedientes correspóndese a facturas eléctricas da avenida de Venezuela, facturadas directamente pola empresa subministradora por un problema nos contadores.

O intento de desacreditar a xestión do Goberno municipal e o eficiente traballo dos funcionarios públicos do Concello de Oleiros queda patente polo feito de que La Voz de Galicia, se poña ao servizo do PSOE de Oleiros, para manipular un informe que aínda non foi recibido polo Concello. A conexión existente entre o conselleiro do Consello de Contas que dirixe a área de fiscalización institucional e o PSOE está detrás deste novo intento de atacar a honesta política do Goberno de Oleiros con mentiras e difamacións intolerables.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas