Home A Coruña A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

- Anuncio -

Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita

A Coruña acollerá este domingo, 28 de abril, a edición número 29 da Carreira Alternativa, unha proba inclusiva e solidaria organizada pola Asociación Galega de Xestión Deportiva e Be One que conta coa colaboración do Concello. Esta mañá presentaban a proba o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez; o responsable de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira; e o organizador, Eduardo Blanco.

O lema desta carreira é ‘Pola inclusión e a igualdade’ e desde a organización inciden en que non se trata dunha competición, senón dun evento lúdico que se pode facer correndo, andando, en patíns, en bicicleta ou en cadeira de rodas, tal e como se indica no cartel. A carreira partirá da praza de María Pita, onde tamén estará a liña de meta, e un vehículo marcará o ritmo máximo na cabeza. As persoas participantes atravesarán a Marina, rúa Nova e rúa Alta e percorrerán o paseo marítimo en dirección á Torre de Hercules, volvendo a María Pita polo Parrote.

Esta carreira ten un forte compoñente reivindicativo e súmase ás numerosas probas deportivas que promove o Goberno de Inés Rey na cidade. Nesta carreira non será necesario inscribirse previamente e non haberá dorsais, reforzando deste xeito o seu carácter lúdico. Ademais, na praza de María Pita haberá diferentes actividades e xogos para todos os públicos.

A carreira comezará ás 11.00 horas e está previsto que a participación rolde o milleiro de persoas. O percorrido total é de 7 quilómetros.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas