Home Xunta de Galicia Galicia vai solicitar de xeito o traspaso dos medios materiais e persoais...

Galicia vai solicitar de xeito o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa tralo aval do Tribunal Constitucional

- Anuncio -
  • Ángeles Vázquez salienta que a sentenza certifica que a norma galega é plenamente constitucional e que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que a comunidade poida exercer as súas competencias sobre o litoral
  • A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático subliña que a resolución xudicial deixa claro que o recurso do Executivo central foi máis político que xurídico e que é unha mostra máis da diferenza de trato respecto a outras autonomías
  • A Xunta lembra que o Goberno central non lle deu opción a negociar mentres que avalou artigos das normas de Cataluña e Baleares que eran iguais aos da galega
  • O Executivo autonómico lamenta a inquedanza innecesaria que xerou o recurso na cadea mar-industria e subliña que o fallo outorga seguridade xurídica a unhas instalacións que dan emprego a 40.000 persoas e aportan preto do 5% do PIB

A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral. 

A representante do Executivo galego destacou que a resolución xudicial deixa claro que o recurso do Goberno central contra a lei foi máis político que xurídico e que a paralización da normativa responde á diferenza de trato con outras comunidades. De feito, lembrou que a Galicia non se lle deu opción a negociar mentres que a Cataluña e a Baleares se lle recoñeceron como constitucionais os artigos recorridos na lei galega.   

Neste sentido, Ángeles Vázquez censurou a actuación do Executivo central dando privilexios a unhas comunidades sobre outras -cando deberían ser todas iguais ante a lei- e a inquedanza innecesaria que xeraron as súas decisións no conxunto da cadea mar-industria e de toda a cidadanía.

“Unha pena que se tivese que chegar a este extremo e que quedara tan de manifesto esa diferenza de trato con outras comunidades”, aseverou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, que asegurou que a Xunta vai seguir traballando na defensa dos intereses de Galicia, máis aló de intereses partidistas, como fixo desde o principio. 

Neste sentido, incidiu en que o Executivo galego non mudou de posición en ningún momento, cousa que si fixeron os socialistas galegos, que inicialmente apoiaban a lei e despois se abstiveron na votación.

Seguridade xurídica

A responsable autonómica felicitouse por unha resolución do Tribunal Constitucional que é unha gran nova para Galicia e para todos os galegos ao dar garantías ás arredor de 1,5 millóns de persoas que viven no litoral e ás empresas que desenvolven a súa actividade económica nel. Supón avalar a xestión por parte da comunidade dos seus máis de 2.500 quilómetros de costa e dar seguridade xurídica a un complexo mar-industria que dá emprego a arredor de 40.000 persoas e xera unha actividade económica de 9.000 millóns de euros anuais, preto do 5% do PIB de Galicia. 

Ángeles Vázquez tamén salientou que a sentenza xudicial certifica que, como defendeu Galicia, a lei non vai contra ninguén, defende os intereses lexítimos de Galicia no marco das competencias que lle atribúe o Estatuto de Autonomía desde unha tripla perspectiva ambiental, social e económica.   

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas