Home Xunta de Galicia Conservas Lago Paganini, nova empresa que conta co Certificado de Galicia Calidade...

Conservas Lago Paganini, nova empresa que conta co Certificado de Galicia Calidade para os seus produtos

- Anuncio -

A xerente do organismo visita as instalacións en Bueu, coa que a Xunta suma así preto de 170 empresas adheridas e 850 produtos avalados co seu selo de garantía

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, entregoulle hoxe o certificado de uso da marca de garantía da Xunta de Galicia aos responsables de Conservas Lago Paganini, nun acto que se desenvolveu na planta de produción da empresa situada no polígono industrial de Castiñeiras, en Bueu (Pontevedra). Con esta son xa 168 as empresas adheridas a Galicia Calidade e máis de 850 productos ou servizos en distintos sectores.

No encontro, Ana Méndez eloxiou a aposta pola excelencia desta empresa, cuxa misión como conserveira é ofrecer produtos de alta calidade elaborados con materias primas seleccionadas. Neste sentido, referiuse ao compromiso da empresa en todas as etapas do proceso, desde a recepción das materias primas ata a entrega do produto final ao consumidor, con excelentes estándares de hixiene e calidade.

A responsable do organismo dependente de Turismo de Galicia detallou, ademais, que a obtención do selo de garantía permitirá á empresa incluír a nova sinalización coa que se identifica nas súas fachadas ás empresas adheridas a Galicia Calidade, así como engadir o distintivo nas diferentes accións para a súa promoción comercial.

Empresa familiar
As orixes de Conservas Lago Paganini remóntanse a 1915, cando o xenovés Pietro Montemerlo Botassi fundou unha pequena empresa de salgaduras no peirao de Ojea en Cangas (Pontevedra). Conservas Lago Paganini é unha empresa familiar dedicada á elaboración e distribución de produtos do mar en conserva, sendo as súas especialidades o peixe azul (xouba, xoubiña, cabala, xureliño e agulla) e o mexillón.

Ademais, teñen un forte compromiso coa conservación e protección da contorna. É por iso que en agosto de 2022 instalaron 400 paneis fotovoltaicos para xerar 180 quilovatios de enerxía limpa e eficiente, o que equivale a 100 toneladas menos de emisións de CO2.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas