Home Xunta de Galicia A Xunta salienta que Galicia rexistra uns niveis de ruído aceptables na...

A Xunta salienta que Galicia rexistra uns niveis de ruído aceptables na última década

- Anuncio -

— Ángeles Vázquez pon en valor que a Comunidade conta cunha completa rede formada por 10 estacións con sonómetro, que, no seu conxunto, serían representativas dunha cidade tipo de Galicia

— Insiste en que o Goberno galego seguirá avanzando na mellora da rede e na colaboración cos concellos de cara a mellorar a calidade de vida da cidadanía

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, salientou hoxe que Galicia rexistrou na última década uns niveis de ruído aceptables.

No marco da conmemoración do Día da concienciación sobre o ruído, que se celebra cada último mércores de abril, a conselleira puxo en valor que a Comunidade conta cunha completa rede formada por 10 estacións con sonómetro, que, no seu conxunto, serían representativas dunha cidade tipo de Galicia.

Nesa liña, Ángeles Vázquez explicou que esas estacións, ademais de estar repartidas por todo o territorio da Comunidade -A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago (2), Ferrol, Lalín e Laza- están situadas en diferentes zonas de alta densidade de tráfico, zonas residenciais, espazos verdes e de protección especial por uso docente e cultural.

Segundo subliñou a conselleira durante a visita que realizou hoxe á estación localizada na contorna de San Caetano, en Santiago de Compostela, en cada instalación os sonómetros recollen valores de ruído que se trasladan cada 10 minutos a MeteoGalicia, en cuxa páxina web se amosan en tempo real.

A maiores, logo de indicar que as estación recollen as principais fontes de ruído por tráfico, ocio e fenómenos meteorolóxicos, a conselleira incidiu en que o obxectivo do Goberno galego é informar á sociedade dunha cuestión que afecta á saúde humana e á biodiversidade e, ademais, colaborar cos concellos de cara a mellorar a calidade acústica do seu territorio. De feito, esa cooperación inclúe préstamo por parte da Xunta de equipos para avaliación acústica.

Nese senso, Ángeles Vázquez insistiu en que o Goberno galego seguirá avanzando na mellora da rede e na colaboración cos concellos co “obxectivo común de mellorar a calidade de vida da cidadanía”.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas