Home Xunta de Galicia Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co...

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de reforzar a internacionalización e crear sinérxias co ecoturismo

- Anuncio -
  • Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marca
  • Ao final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares de especial interese natural das catro comunidades que as empresas están deseñando
  • Están previstas accións promocionais de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi para os mercados Nova York, Londres, Berlín, Viena, Zurich, Milán, Roma ou París

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe na primeira Comisión de Seguimento neste 2024 da marca turística España Verde, que este ano coordina a comunidade autónoma galega. No encontro tamén participaron a viceconselleira de Turismo do Goberno do Principado de Asturias, Lara Martínez; o director xeral de Turismo do Goberno de Cantabria, Gustavo Cubero; o viceconselleiro de Turismo e Comercio do Goberno Vasco, Jesús Mª García de Cos e a subdirectora xeral de Marketing de Turespaña, Blanca Pérez-Sauquillo.

Xosé Merelles puxo de manifesto o compromiso de Galicia para estender durante este ano a marca a máis destinos internacionais “para facer máis forte tanto a marca como cada un dos destinos cun modelo turístico común que pode beneficie ao sector e residentes de todas as comunidades da marca”. Tamén falou da oportunidade de crear sinerxías ao redor dun elemento común en todas as comunidades: o ecoturismo.

Neste sentido avanzouse sobre a situación dun dos proxectos máis ambiciosos do que se verán os resultados ao final deste ano. Trátase do Corredor de Ecoturismo da España Verde, co que se pretende crear o maior corredor ecoturístico de Europa co financiamento dos fondos Next Generation.

Corredor ecoturístico este ano

Nestes momentos, empresas turísticas de cada unha das comunidades están a deseñar os produtos que formarán parte desta gran ruta que atravesará os principais lugares de especial interese natural da España Verde. Participan espazos naturais protexidos e empresas vinculadas á observación da fauna, aloxamento, empresas e turismo activo, entre outras.

Durante este ano está previsto, ademais, intensificar a promoción internacional. Están previstas inicialmente acción en colaboración coas oficinas de turismo de España nas cidades de Nova York, Londres, Berlín, Viena, Zurich, Milán, Roma ou París, entre outros moitos. Os plans de Galicia pasan tamén por impulsar o Camiño de Santiago como feito diferencial que vertebra ás Comunidades da España Verde.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas