Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación inaugura no CEIP de Soutelo de Montes, en Forcarei, a...

A Deputación inaugura no CEIP de Soutelo de Montes, en Forcarei, a exposición “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar”

- Anuncio -

A mostra, enmarcada nun proxecto conxunto co Campus do Mar da Universidade de Vigo, pon en valor o papel das mulleres no uso responsable dos recursos mariños

A Deputación de Pontevedra inaugurou este venres a exposición “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” no CEIP de Soutelo de Montes, en Forcarei. Esta iniciativa, promovida pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Vigo, busca darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño e estará dispoñible no centro ata o próximo 2 de maio. O deputado provincial de Medio Natural e Mar, Marcos Guisasola, asistiu ao acto de inauguración que rematou cun obradoiro impartido por Tamara Amorín (participante na investigación do proxecto) para o alumnado de 5º e 6º de Primaria.

Marcos Guisasola destacou que con esta mostra “recuperamos a memoria daquelas mulleres que dedicaron a súa vida aos oficios do mar no pasado, pero tamén damos voz a aquelas que os desempeñan na actualidade”. Deste xeito, asegurou “achegámosvos a Soutelo un anaquiño do mar” amosando nos paneis da exposición “mulleres das vilas mariñeiras orgullosas do seu papel”. Unhas mulleres, sinalou Guisasola, “que loitaron e que loitan por mellorar as súas condicións de traballo e a explotación de recursos mariñeiros, que traballan arreo no mar e coidan da casa e da súa familia”, pero tamén “mulleres pioneiras na investigación e nas ciencias mariñas”. En definitiva, “mulleres que representan á perfección que non se entende a economía e a sustentabilidade do mar sen a súa participación activa”.

“Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” afonda no papel destacado, e moitas veces invisibilizado, que as mulleres tiveron ao longo da historia na sustentabilidade do mar e no uso responsable dos recursos mariños. Desta maneira, recóllense oficios das mulleres do mar, desde 1914 ata a actualidade, comezando polos máis antigos, como os de mariscadora ou redeira, ata as investigadoras mariñas, pasando por aquelas que traballaron na salga e na conserva. Para amosar os contidos a exposición está composta por vídeos e fotografías, así como imaxes (moitas delas inéditas) que serven para recuperar nas aulas o saber das mulleres do mar e promover a igualdade e mais a acción positiva entre os futuros profesionais e científicos.

O obradoiro impartido por Tamara Abuín consistiu nun percorrido guiado e interactivo polos paneis da exposición e nunha simulación 3D para observar a Terra desde o espazo, recadando información sobre os océanos, a importancia do mar para a sustentabilidade e a supervivencia do planeta no que habitamos.

A mostra chega ao CEIP de Soutelo de Montes despois de pasar por múltiples lugares da provincia como A Guarda, Redondela, Vigo, Cangas, O Rosal, Cambados, Nigrán, Poio, Mondariz ou Pontevedra. Tamén foi exposta no campus de Ourense da Universidade de Vigo.

Relacionadas

A Deputación avanza nun proxecto piloto para revalorizar os residuos das viñas e reducir...

0
A comarca de Monterrei probará solucións a favor dunha viticultura rexenerativa, no marco dun proxecto cofinanciado con fondos europeos e liderado a través do...

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

Luis López fai balance dos investimentos da Deputación no sur da provincia: 23 M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Nava Castro, inicia en Ponteareas unha rolda de encontros informativos comarcais para repasar os proxectos e programas postos...

O PP insta o alcalde a solucionar os problemas de asfaltado e iluminación na...

0
• Juncal: “Co horario de inverno, é case imposible adestrar con seguridade a partir das 18.00 horas pola falta de luz e porque o...

Publicacións Relacionadas