Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación aproba as bases das axudas para financiar o equipamento de...

A Deputación aproba as bases das axudas para financiar o equipamento de locais municipais destinados á mocidade, dotadas de 100.000 euros

- Anuncio -

O programa “O teu espazo xuvenil”, que foi presentado a comezos desta semana en Barro, está destinado aos concellos de menos de 20.000 habitantes, que recibirán ata un máximo de 2.100 euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou a aprobación en Xunta de Goberno das bases das axudas do novo programa “O teu espazo xuvenil”, presentado a comezos desta semana en Barro. Trátase, segundo explicou López, dunha liña de axudas “que estará dotada con 100.000 euros e permitirá aos concellos de menos de 20.000 habitantes a posibilidade de financiar o equipamento de locais municipais destinados á mocidade” co obxectivo de “seguir cumprindo o noso compromiso de situar a xuventude como clave na transformación da nosa provincia”.

O presidente provincial detallou que cada concello poderá recibir un máximo de 1.500 euros, cantidade que se incrementará ata os 2.100 euros se se trata de municipios de reto demográfico (de menos de 5.000 habitantes ou cun maior índice de dispersión de poboación). Con estes recursos a Deputación poderá subvencionar desde a adquisición de equipamentos ata outro material inventariable que contribúa á mellora das dotacións e equipamentos dos locais que se destinan a uso xuvenil: mobiliario básico, equipamento de oficina, informático, acústico ou audiovisual, entre outros. En todo caso, os concellos deberán cofinanciar como mínimo o 20% do custo total do investimento.

“O teu espazo xuvenil” busca promover a participación e o asociacionismo da xuventude da provincia e garantir as condicións necesarias para que poida desenvolver a súa vida no seu lugar de orixe. Os locais nos que se realicen as actuacións deberán ser de uso exclusivo para actividades desenvolvidas pola xuventude, malia que tamén poden ter usos compartidos sempre que o da xuventude sexa de xeito continuado (ao longo do ano e, mínimo, un día á semana).

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas