Home Vigo O Porriño O Porriño acolle este domingo unha nova edición da Feira de Abril

O Porriño acolle este domingo unha nova edición da Feira de Abril

- Anuncio -

• Será a partir das 18 h no parque do Cristo e os encargados de amenizar a xornada serán os grupos Andalu-sí e Pasión Flamenca

O vindeiro domingo 28 de abril O Porriño vivirá por unhas horas un pouco da maxia da Feria de Abril na praza do Cristo a partir das 18: 00 horas. Os encargados de amenizar o ambiente serán o grupos Andalu-sí e Pasión Flamenca, que repiten este ano.

O grupo rociero Andalu-sí é coñecido por toda Galicia polo seu repertorio de música popular andaluza, como flamenco, sevillanas, rumbas ou salves. Andalu-sí fórmano Álex Márquez (voz), Lito González (percusión) e Juan Zamudio (guitarra e voz), tamén componentes e excompoñentes do coro rociero da Casa de Andalucía de Vigo. Soen actuar en bares, tabernas e feiras locais, onde xa empezan a engadir algunhas cantigas de taberna e outras cancións populares galegas como parte do seu repertorio.

O baile de Pasión Flamenca, grupo dirixido por Silvia Moreno, non dexará indiferentes aos presentes, aos que de seguro conquistarán coa súa forza, alegría e elegancia.

A Asociación Española Contra o Cancro do Porriño estará presente vendendo rifas por valor de 2€ para sortear un xamón. O recaudado irá íntegramente para a loita contra o cancro.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Cultura e Festexos, Bienvenido Estévez, xunto con integrantes do grupo de baile, presentaron onte o evento e aproveitaron para convidar á veciñanza a participar nesta festa que nos trae un anaquiño de Andalucía ao noso pobo, no que hai cabida para tódalas culturas e representacións artísticas.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas