Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Pontevedra e O...

A enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés desenvolve unha campaña de vacinación de adultos en Residencias de Maiores

- Anuncio -

― Ao longo do 2024 se están a revisar todas as pautas de vacinación das persoas institucionalizadas, e, en concreto, as do pneumococo e herpes zóster

― O obxectivo da Área Sanitaria é facer fincapé na importancia da inmunización na idade adulta, unha mensaxe coa que se suma á celebración da Semana Mundial da Inmunización nesta última semana da abril

― No día de hoxe, dúas enfermeiras especialistas en Familiar e Comunitaria, do centro de saúde Virxe Peregrina, visitaron un centro de día da zona monumental da capital pontevedresa para vacinar a unhas 30 persoas

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés desenvolve dende este ano 2024 unha campaña de vacinación de persoas adultas institucionalizadas en residencias de maiores do seu ámbito territorial. Para isto, os Equipos de Soporte de Atención Domiciliaria (ESAD) das zonas rurais, así como as enfermeiras dos centros de saúde, están a revisar todas as pautas de vacinación deses usuarios, e, máis en concreto, as do pneumococo e o herpes zóster.

O obxectivo desta intervención asistencial da Área Sanitaria pontevedresa é facer fincapé na importancia da inmunización na idade adulta, unha mensaxe coa que se suma á celebración da Semana Mundial da Inmunización na última semana da abril, entre os días 24 e o 30. Trátase dunha iniciativa promovida pola Organización Mundial da Saúde (OMS) que pretende salientar a necesidade de actuar de forma colectiva e promover a vacinación para protexer contra as enfermidades ás persoas de todas as idades.

Outras vacinas a ter en conta dende os 65 anos
“Aínda que se realizan campañas de vacinación anuais de gripe e covid, hay outras vacinas que tamén teñen indicadas a esa idade, a partir dos 65 anos, e que non se teñen en conta, como a do pneumococo, ou o herpes zóster”, explica a subdirectora de Enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria, Silvia Amoedo Casqueiro.

Esta mañá, visita a un centro de día de Pontevedra
Na cidade de Pontevedra, a campaña de vacinación de adultos institucionalizados arrancou hoxe no centro Saraiva Sénior, situado na zona monumental da capital do Lérez e que conta con 39 usuarios. Dúas enfermeiras especialistas en Familiar e Comunitaria, Adriana Varela Buceta e Marina González Zar, do centro de saúde Virxe Peregrina, desprazáronse esta mañá ata a rúa Don Gonzalo para protexer coa segunda dose contra o pneumococo a 30 usuarios, e a 3 tamén coa vacina do herpes zóster.

A enfermeira comunitaria Adriana Varela, que tamén é a coordinadora de Virxe Peregrina, salienta que este tipo de intervencións comunitarias son “unha boa forma de captar aos colectivos máis vulnerables, neste caso o das persoas institucionalizadas, tanto para a vacinación como para outros coidados”, xa que “non estamos tan centradas nestes pacientes, posto que non veñen ao centro de saúde”, engade a súa compañeira Marina González Zar.

Esta revisión da inmunización da Área Sanitaria continuará na capital pontevedresa nas vindeiras datas polas residencias de maiores de Campolongo, Soremay -na zona do Gorgullón-, e DomusVi, na rúa do Doutor Loureiro Crespo.

Intensa labor dos ESAD que arrancou no Salnés
Os ESAD -tamén coñecidas coma enfermeiras rurais- son os responsables de levar a inmunización ás institucións sociosanitarias dos concellos de áreas rurais, e son os que iniciaron a campaña hai semanas no distrito do Salnés. Por exemplo, xa inmunizaron coa vacina contra a enfermidade pneumocócica a 44 usuarios da residencia Servisenior en Vilagarcía da Arousa, e a outras 40 persoas de Nuestra Señora de Valvanera no concello de Cambados.

O obxectivo da Dirección de Enfermaría de Pontevedra e O Salnés é rematar esta vacinación en persoas maiores institucionalizadas antes do verán. Neste sentido, salientar que nas vindeiras datas, un dos ESAD da Área Sanitaria acudirá á residencia de Nuestra Señora de la Asunción de Caldas de Reis, onde se porán 68 vacinas fronte ao pneumococo e 7 contra o herpes zóster.

Relacionadas

Diego Calvo participa como piloto nun dos tramos da oitava edición do ‘Eco Rallye...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou a importancia deste evento que reuniu a medio cento de pilotos e que pasará ata o...

Diego Calvo asistiu ao acto de apertura do ano xudicial en Galicia

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, xunto co director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e a delegada territorial da Xunta na...

A Xunta participa na I Edición dos premios Arte&Comunicación que recoñecen o talento e...

0
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou hoxe na I Edición dos Premios Arte&Comunicaciones onde entregou á firma Seguridade...

A Xunta pon o Centro de Innovación Norvento Enerxía como exemplo de desenvolvemento sostible...

0
Ángeles Vázquez salienta o máximo apoio e impulso da Administración autonómica ás enerxías renovables, á descarbonización e ao emprego verde co obxectivo de garantir...

A Xunta traballa nun marco normativo para que Santiago xestione e implante a súa...

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, avanzou esta medida hoxe á alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, no encontro mantido en...

A doutora María Encarnación Lucaaas é a nova directora de Atención Hospitalaria da Área...

0
― O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición de hoxe, número 182, a orde da Consellería de Sanidade co seu nomeamento ―...

Publicacións Relacionadas