Home Pontevedra Caldas A veciñanza de Lantaño volverá mañá a honrar a San Pedro Mártir...

A veciñanza de Lantaño volverá mañá a honrar a San Pedro Mártir cunta misa e unha procesión

- Anuncio -

O alcalde e membros da Corporación asistirán aos actos que se celebrarán no entorno da capela propiedade do Concello

Os veciños e veciñas de Lantaño (Portas) honrarán mañá sábado a San Pedro Mártir cunha serie de actos que darán comezo ás 12 do mediodía cunha misa solemne na capela de titularidade municipal ubicada no lugar de Cachal.

Ao remate terá lugar unha procesión na que estarán presentes ademais da imaxe de San Pedro Mártir a do Nazareno. O alcalde, Ricardo Martínez, portará o bastón de mando e acompañará ao séquito durante todo o percorrido no que tamén estarán membros da Corporación Municipal.

A comitiva partirá desde a capela e o entorno do Cruceiro do e chegará ata o de Paredes onde a procesión dará volta de regreso ao templo.

Ás 13:30 horas terá lugar un concerto na propia prazas existente nas inmediacións da capela e do Cruceiro do Culebrón a cargo da Banda de Música Unión de Lantaño. Unha vez rematada a actuación musical procederase a compartir cos asistentes uns aperitivos de balde por xentileza do Concello de Portas.

UNHA CAPELA DE TITULARIDADE MUNICIPAL

Esta celebración se enmarca dentro do acordo de doazón da capela de San Pedro Mártir ao Concello de Portas feita polos señores Gándara Gómez e Remedios Junquera Gómez, herdeiros da familia Buceta Quintáns, mediante o cal o templo pasaba á propiedade municipal estando obrigado a administración local a promover un acto destas características na honra de San Pedro Mártir.

Relacionadas

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cuntis aproba o reparto de axudas nomintivas a un total de 14 entidades...

0
• Esta contía, aprobada grazas aos votos a favor do PSdeG-PSOE e coa abstención do Partido Popular e do BNG, supón un incremento  do...

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no perímetro do encoro da Baxe,...

0
As tarefas céntranse nas rozas de vexetación en camiños do perímetro do encoro e de faixas de xestión de biomasa A Consellería de Medio Ambiente...

Sandra Barreira tomará posesión como concelleira da corporación no pleno ordinario do vindeiro luns

0
∙ A nova integrante do Goberno cuntiense substituirá a José Fernández Treviño, quen renunciou á acta por razóns profesionais ∙ O alcalde, Manuel Campos, agradece...

Cuntis levará ao vindeiro pleno a nova ordenanza reguladora para o Servizo Municipal...

0
∙ As taxas a aplicar terán en conta factores como o número de efectivos que actúan nas intervencións, o material empregado, o tempo invertido...

Luis López presenta investimentos por un millón de euros da Deputación en Caldas de...

0
O presidente provincial avanzou unha subvención de 400.000 euros para o saneamento de Soutelo ao abeiro do +Provincia, que se aprobará este venres en...

Publicacións Relacionadas