Home Pontevedra Redondela gaña un novo espazo público na explanada das casas dos mestres

Redondela gaña un novo espazo público na explanada das casas dos mestres

- Anuncio -
  • O Concello de Redondela renova o espazo situado entre as avenidas Mendiño e Santa Mariña, un paso peonil moi transitado que mellora a mobilidade e accesibilidade para toda a cidadanía.

-A alcaldesa, Digna Rivas, explica que se instalou mobiliario urbano “para facer deste novo espazo público un lugar amable e acolledor para a veciñanza, e non só unha zona de tránsito”. De cara ao verán, nunha segunda fase, mellorarase con instalacións de lecer para a rapazada.

A zona coñecida como a explanada das casas dos Mestres en Redondela, situada entre a Avenida Mendiño e a Avenida Santa Mariña (N-550), estrea nova imaxe. Este espazo, a carón do Conservatorio Municipal, acaba de ser acondicionado para crear unha nova praza pública. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que se trata dun enclave “moi transitado, xa que é empregado a diario por centos de escolares e as súas familias, que utilizan este paso peonil entre a avenida Mendiño e Santa Mariña no horario de entrada e saída dos colexios e institutos, así como polo alumando do conservatorio”. O obxectivo da concellería de Urbanismo, que dirixe Antonio Cabaleiro, era dotar a este espazo dun novo firme e mellorar a drenaxe da auga da chuvia “para facilitar a mobilidade da cidadanía e facelo máis accesible”, explica Cabaleiro. Na explanada, que ten unha superficie aproximada de 500 metros cadrados, colocouse nova tubaxe, reixas, e estendeuse unha soleira de formigón. A obra, con cargo ao Plan Concellos da Deputación, contou cun orzamento de 22.400 euros. O Concello de Redondela, desde a concellería de Parques e Xardíns, completou a reforma coa instalación de mobiliario urbano con bancos e xardineiras “para facer deste novo espazo público un lugar amable e acolledor para a veciñanza, e non só un lugar de tránsito”, sinala Rivas.
A alcaldesa, que visitou esta mañá a obra rematada co concelleiro de Parques e Xardíns, Pedro Villaverde, anunciou que agora estudan poñer en marcha unha segunda fase nesta explanada de cara ao verán. Os técnicos do Concello xa están a estudar o proxecto para dotar a praza de novas instalacións de lecer para a rapazada.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas