Home Pontevedra Caldas Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús González

- Anuncio -

• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose ao que se empraza nas inmediacións da Casa Consistorial, na Praza da Constitución

• O alcalde, Manuel Campos, lembra que a vila foi das primeiras da comarca en habilitar este servizo, que sirve para reafirmar o compromiso de Cuntis coa eficiencia enerxética e a sostibilidade

Xa está en funcionamento, desde hai aproximadamente un mes, un segundo punto de recarga para vehículos eléctricos en Cuntis. O alcalde, Manuel Campos, lembra que xa se pode facer uso desde hai varias semanas do dispositivo habilitado na rúa Xoán Xesús González, onde se habilitaron dúas prazas de estacionamento específicas para realizar a recarga. Esta actuación levouse a cabo con fondos propios, cun investimento aproximado duns 12.000 euros.

Deste xeito, o punto de recarga instalado neste emprazamento súmase ao que xa leva operativo desde 2021 na Praza da Constitución, nas proximidades da propia Casa Consistorial. Daquela, o Concello de Cuntis fora pioneiro á hora de apostar por este tipo de sistema de alimentación para vehículos eléctricos entoda a comarca. Esa primeira actuación fora subvencionada a través dunha axuda conseguida a través do Programa Estatal de Incentivos a la Movilidad Eficiente y Sostenible (MOVES). “Este Goberno local sempre tivo o compromiso firme de apostar polas enerxías eficientes e sostibles, respectuosas co medio ambiente e que cumpran cos parámetros que marca a Axenda 2030”, apuntou o alcalde Campos Velay. Con este tipo de actuacións, búscase impulsar a mobilidade con enerxías limpas e alternativas, reducindo as emisións de dióxido de carbono e dando a coñecer este tipo de tecnoloxías entre a poboación. Neste sentido, Manuel Campos explica que contar con estes sistemas de recarga “non só supón un aliciente para a cidadanía á hora de adquirir este tipo de automóbiles, senón que tamén facilita incrementar o número de vehículos destas características do parque móbil municipal”.

O Concello de Cuntis aposta pola eficiencia enerxética de maneira firme. Non hai que esquecer que, ademais da dotación destes puntos de carga para vehículos, nos últimos anos tamén se obtiveron fondos para a renovación do alumeado público, pasando a contar con luminarias ‘led’, o que supón unha mellora do servizo e un importante aforro no consumo.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas