Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación avanza en transparencia institucional coa posta en marcha dunha innovadora...

A Deputación avanza en transparencia institucional coa posta en marcha dunha innovadora ferramenta para seguir os plenos baseada na intelixencia artificial

- Anuncio -

A mediateca “Séneca”, na que a institución provincial investiu 50.000 euros, suporá, tal e como avanzou Luis López “un grande avance na forma na que xestionamos e comunicamos a nosa actividade institucional”

A Deputación de Pontevedra avanza en transparencia institucional coa posta en marcha dunha innovadora ferramenta para seguir os plenos da Corporación Provincial baseada na intelixencia artificial. Trátase da mediateca “Séneca”, na que a institución investiu 50.000 euros, que suporá, tal e como avanzou o presidente Luis López, “un grande avance na forma na que xestionamos e comunicamos a nosa actividade institucional, tanto cara a cidadanía como cara aos medios de comunicación, que a golpe de clic terá toda a información das sesións con total transparencia”.

O acceso a esta nova ferramenta poderá realizarse a través de https://www.depo.gal/es/o-pleno   como ata o de agora. Soamente que se ata hoxe a opción que había era seguir en directo o pleno, a partir deste momento será posible obter información detallada de cada sesión, cos puntos do día, intervencións e votacións.

Ademais, a aplicación permitirá xerar textos a partir dos arquivos de vídeo, o que vai facilitar as buscas, a subtitulación automática e a información das vídeo-actas. Tamén será posible filtrar as intervencións de cada un dos deputados e, entre outras moitas utilidades, consultar, nas gravacións de cada sesión, as fotografías, as notas de prensa e outros arquivos relacionados.

Relacionadas

A Deputación prorroga por un ano o servizo de teleasistencia domiciliaria en 45 concellos...

0
Un orzamento de máis de 110.000 € permitirá continuar prestando a asistencia, que chega na actualidade a preto de 700 persoas, ata xullo de...

O comercio do Porriño “Adianta o Verán”

0
●       ACIPOR e o Concello do Porriño organizan esta campaña con 265 premios ocultos en rascas A Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño (ACIPOR),...

Redondela celebra o Día Mundial Sen Tabaco cunha campaña informativa

0
- Esta semana rematou no Multiúsos da Xunqueira un curso  presencial de deshabituación tabáquica para axudar aos fumadores a abandonar o tabaco. Hoxe celébrase o...

A Deputación aconsella manter a vixilancia ante o mildio e incrementar a atención fronte...

0
Areeiro confirma a actual situación favorable das plantas xa tratadas e que xa se empezan a observar os primeiros acios de albariño con uva...

A Deputación aproba achegas por valor de 160.000 € para que Bueu e Mos...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa máis de 3 millóns de euros entre os concellos de menos de...

Un centenar de mozos daranse cita nas World Robot Olympiad

0
-          O evento celebrarase o vindeiro sábado 8 de xuño nas instalacións do colexio británico O Castro British International School, entre as 9:30 e as 14.00...

Publicacións Relacionadas