Home Vigo Baiona O alumnado de Economía e Emprendemento do CPI Cova Terreña descobre algúns...

O alumnado de Economía e Emprendemento do CPI Cova Terreña descobre algúns dos motores económicos de Baiona

- Anuncio -

O alumnado de Economía e Emprendemento, asistiu a unha visita guiada polo interior da lonxa de Baiona. Alí foron recibidos por José M. Sotelo, un dos responsables da lonxa, Joaquín López, concelleiro de Pesca e Nuria Leyenda, concelleira de Educación.

Durante a visita explicouse a importancia da pesca extractiva da vila de Baiona, tanto para a praza de abastos da localidade como para os supermercados e peixarías, onde se vende un produto de excelente calidade e que xera un volume de negocios superior aos 3 millóns de euros. Ademais, o alumnado tamén puido observar algunhas das especies capturadas ao longo desa xornada, que ían ser postas á venda a particulares e/o empresas.

A continuación, o alumnado e profesorado, acompañados polos responsables políticos do Concello de Baiona, acudiron á praza de abastos para atender ás explicacións sobre como saen a concurso os diversos postos de venda, así como as condicións que deben reunir os interesados en vender os seus produtos dentro deste espazo público.

O alumnado, desta maneira, puido comprobar que se trata dun espazo amplamente atractivo para o desenvolvemento da actividade económica.

O Concello de Baiona aplaude e apoia iniciativas como a visita do alumnado de Economía e Emprendemento do CPI de Cova Terreña á lonxa e a praza de abastos da vila. Estas experiencias educativas non só enriquecen o coñecemento dos nosos mozos sobre os motores económicos locais, senón que tamén fomentan o vínculo entre a comunidade escolar e os sectores produtivos do noso municipio.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas