Home Vigo Mos A “Escoba de Plata” é para… Mos!

A “Escoba de Plata” é para… Mos!

- Anuncio -

A localidade mosense recollerá en xuño o prestixioso galardón nacional que premia traballos que contribúen a aumentar a reciclaxe, a mellorar sustentabilidade e a limpeza urbana, a xestión de residuos, a diminución de emisións, e a sensibilización e comunicación ambientais; e ao que o Concello de Mos se presentou co proxecto CoidaMos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Medio Ambiente mosense, Laura Méndez, informaron hoxe de que o Concello vén de recibir a boa nova de que é un dos gañadores do prestixioso premio nacional “Escoba de Plata”. A administración local mosense recollerá o galardón en Madrid na Feira Internacional TECMA, do 18 ao 20 de xuño.

A deste ano 2024 trátase da XIX edición do Concurso “Escobas de Plata” organizado por ATEGRUS, Membro Nacional de ISWA, que promove esta nova convocatorioa do concurso nas categorías de Prata, Ouro e Platino.

O concurso está dirixido a Municipios, Deputacións, Mancomunidades, empresas prestatarias de servizos, enxeñerías, consultorías, fabricantes de bens de equipo, instalacións para a xestión de residuos e aseo urbano, universidades, centros tecnolóxicos e de formación, etc.

A competición é un intento de valorar aquelas actuacións realizadas para mellorar a nosa contorna e apostar pola sustentabilidade, premiando os esforzos encamiñados a estimular os avances tecnolóxicos e de concienciación, que sirvan para mellorar a nosa calidade de vida e protexer o medioambiente.

O Concello de Mos presentouse á categoría “Escoba de Plata”, na que resultou vencedor polo seu “proxecto de reorganización dos servizos de limpeza e recollida, potenciando a prevención na xeración de residuos, a reutilización e a reciclaxe. Afianzando un compromiso da veciñanza coa limpeza, construíndo un municipio sostible desde o punto de vista ambiental, económico e social”. Tal e como esta mañá explicaban as representantes municipais Arévalo e Méndez Senlle.

Mos presentouse a concurso cun proxecto centrado en accións ambientais realizadas e que se están levando a cabo.

A participación neste concurso e este novo galardón veñen a ampliar e dar continuidade ás iniciativas enmarcadas na novidosa e pioneira campaña medioambiental mosense CoidaMos. Así, continúase a implementar a nova campaña municipal CoidaMos, por un Mos máis limpo. Campaña que, desde a súa presentación e posta en marcha en novembro do ano pasado, xa está a dar os seus froitos con resultados visibles e que se materializan tamén en recoñecementos como este premio “Escoba de Plata” e a Bandeira Azul para o Paseo do Louro.

Esta campaña CoidaMos céntrase na difusión da información dos servizos ao dispor dos veciños. Ten como obxectivo concienciar e informar á poboación.

O Concurso “Escobas” de Prata, Ouro e Platino

Celébrase dentro do marco de actividades de TECMA 2024 – Feira Internacional do Urbanismo e do Medio Ambiente, que terá lugar en IFEMA, Madrid, do 18 ao 20 de xuño.

O concurso celébrase dentro da iniciativa de ATEGRUS por apoiar, premiar e difundir o bo facer da xestión dos residuos e o aseo urbano, así como a elaboración de proxectos e o desenvolvemento de tecnoloxías que permitan unha xestión sostible da nosa contorna.

Este certame vén desenvolvéndose desde 1987, a primeira edición do certame foi convocada pola Unión Europea dentro do Ano Europeo de Medio e a súa organización en España foi encargada ao Membro Nacional da ISWA, ATEGRUS. As edicións seguintes tiveron lugar desde 1990 cunha periodicidade bienal.

Prémianse aqueles traballos que contribúan a aumentar a reciclaxe, a establecer mellores servizos de limpeza urbana, a realizar unha correcta xestión de residuos, a protexer a contorna, a diminuír as emisións, a realizar campañas de sensibilización e comunicación ambiental, a fomentar a sustentabilidade etc.

O Xurado está constituído por expertos de recoñecido prestixio nas materias obxecto deste certame. Os membros do xurado están obrigados a velar pola confidencialidade das votacións e as súas decisións son irrevogables.

Relacionadas

O IES de Salvaterra inaugura o patio inclusivo dentro do seu I Festival das...

0
O pasado mércores o IES de Salvaterra de Miño organizou o I Festival das Letras Galegas, unha máis das actividades enmarcadas dentro do mes...

A Feira Abanca Semana Verde arrancou hoxe coas súas propostas máis profesionais

0
A Feira Internacional Abanca Semana Verde arrincou hoxe a súa 46ª edición, a cal foi inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Nesta...

Os mellores exemplares das razas autóctonas en perigro de extinción decidíronse hoxe na feira...

0
OS SEUS CONCURSOS MORFOLOXICOS TUVIERON LUGAR NO MARCO DESTE CERTAME MULTISECTORIAL, EN CUXA EXPOSICIÓN SE PODEN VER ESTES ANIMAIS DENDE HOXE E ATA O...

Nace o Observatorio da Xunqueira de Ramallosa, un proxecto pioneiro en accesibilidade e tecnoloxía...

0
Trátase dun proxecto promovido polo Concello de Gondomar financiado pola convocatoria Leader 2023-2024 a través de EuRural Favorecer o achegarse á natureza sen obstáculos físicos...

A Rosa de Mos inicia nova etapa tras médio século de historia

0
A 51 edición da festa trasládase ao Pazo de Mos e ten como pregoeira á influencer mosense Tamara García Esta mañá tivo lugar na contorna...

O BNG de Vigo agarda que a Xustiza poña luz na “chanchullada escura” que...

0
A fronte nacionalista agarda que o proceso xudicial que se vén de iniciar permita aclarar até o final o escándalo levantando a “xigantesca alfombra...

Publicacións Relacionadas