Home Vigo O Porriño O alcalde recibe ás patinadoras do Porriño gañadoras do bronce no Campionato...

O alcalde recibe ás patinadoras do Porriño gañadoras do bronce no Campionato de España

- Anuncio -

• Sara, Noa, Marta e Tania fixeron historia xunto co seu grupo ao ser a primeira vez que un equipo galego sube ao podio nacional na súa modalidade

O alcalde, Alejandro Lorenzo, recibe ás catro patinadoras porriñesas gañadoras da medalla de bronce no campionato de España de patinaxe artística.

Sara Hernández, de Atios, Noa Pereiro, de Torneiros, Marta Caballero, de Porriño e Tania Expósito, de Mosende, forman parte do Clube de Patinaxe Artístico Ribex, co que o pasado 23 de marzo lograron a terceiro posto na modalidade Grupo Show Grande. Un logro que marca un hito, xa que é a primeira vez que un equipo galego sube ao podio no campionato de España nesta modalidade.

Este bronce supón a clasificación directa para o campionato do mundo, que terá lugar na cidade italiana de Rímini no vindeiro mes de setembro.

Tania confesa que “levamos catro anos pelexando por un 4º posto nacional e nunca imáxinabamos poder subir ao podio. Estamos moi contentas de que o noso traballo dea os seus froitos”.

Estas patinadoras compaxinan os seus estudos cos adestramentos que, en época de competicións, poden sobrepasar as 25 horas semanais. Tania, de 23 anos, estuda Enxinería de Telecomunicacións na Universidade de Vigo; Sara, de 21 anos, Educación Social na Universidade de Santiago; Marta, de 17 anos, bachiller no IES Pino Manso; e Noa, de 16 anos, bachiller no IES Ribeira do Louro.

“Este é un deporte moi bonito que require moito sacrificio”, continúa Tania, “xa que ao ser minoritario non ten moito apoio de patrocinadores e nós temos que custearnos todo”.

O alcalde aproveitou para felicitar ás gañadoras, destacando “o seu esforzo e constancia que son de seguro exemplo para moitas mozas e mozos”, e desexarlles “unha experiencia inolvidable no campionato do mundo e, que vaia acompañada dunha boa clasificación”.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas