Home O Salnés A Illa de Arousa A Deputación aproba 760.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais...

A Deputación aproba 760.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar axudas básicas de emerxencias na contorna do Salnés

- Anuncio -

A institución provincial destina 635.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais comunitarios, e 124.000 € para que os concellos poidan atender á cidadanía que se atope en situación ou risco de exclusión social

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar achegas por valor de 760.000 € para facer fronte a políticas sociais na totalidade dos concellos de menos de 20.000 habitantes da contorna do Salnés. Os recursos enmárcanse no Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais e nas Axudas Básicas de Emerxencia para 2024, que contan cun orzamento global de 3,6 millóns de euros, do que deu conta o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, en conferencia de prensa.

En concreto, no relativo á primeira convocatoria, centrada nos Servizos Sociais Comunitarios, a Deputación aproba 635.452 euros para estes concellos. Destes recursos, 250.000 euros estarán destinados a sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), un servizo que atende a persoas maiores e con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato, e 385.000 euros a cubrir os custos do persoal dos Servizos Comunitarios. En concreto, A Illa de Arousa recibe 21.069 euros, Cambados 69.385 €, Catoira 28.694 €, Meaño 69.757 €, Meis 44.596 €, O Grove 66.978 €, Pontecesures 35.038 €, Ribadumia 36.654 €, Sanxenxo 101.683 €, Valga 57.346 € e Vilanova de Arousa 104.248 €.

No que respecta á segunda liña de subvencións aprobada, as Axudas Básicas de Emerxencia (ABE), o Goberno provincial aprobou 124.800 euros, para que os concellos da contorna do Salnés poidan atender ás demandas da cidadanía que se atope en situación ou risco de exclusión social, con especial atención a quen teña menores ao seu cargo. Neste caso, A Illa de Arousa benefíciase de 7.800 euros, Cambados de 12.800 €, Catoira 9.300 €, Meaño 11.800 €, Meis 9.300 €, O Grove 13.300 €, Pontecesures 9.300 €, Ribadumia 11.800 €, Sanxenxo 13.800 €, Valga 11.800 € e Vilanova de Arousa 13.800 €.

As Axudas Básicas de Emerxencia destinaranse a alimentación, vivenda subministros básicos, produtos e servizos de hixiene e limpeza, pagamento de produtos farmacéuticos, á adquisición de electrodomésticos básicos, pagamento de desprazamentos, pagamento da reparación e mantemento de vehículos, pagamento de lentes, lentes de contacto e audiófonos, pagamento de gastos derivados de tratamentos de odontoloxía, pagamento de produtos de apoio, atencións de carácter complementario e axudas para adquisición de roupa e calzado, de estudo e de apoio á infancia.

Relacionadas

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

Baiona mantén a súa Cabalgata o domingo pola tarde

0
O domingo 5 de xaneiro está previsto que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visiten Baiona subidos nas súas maxestosas carrozas e...

A Deputación bota o peche do xogo de escapismo do Castelo de Soutomaior coas...

0
O xogo, para o que están á venda as entradas dos oito pases que se realizarán o sábado 11 e o domingo 12 de...

A Deputación acada en 2024 o maior dato en dez anos de visitas ás...

0
Increméntase o número de visitantes individuais, grupos e participantes en actividades, aínda que o dato global baixa debido ao peche das ruínas de San...

O Porriño prepárase para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente no...

0
● 120 personas acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar a partir das 17:30 h no pavillón municipal ● Os Reis Magos chegarán no Tren do...

A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Vigo ata o próximo...

0
A mostra pode visitarse na sala Rosalía de Castro da sede viguesa da institución provincial e busca rememorar os recordos dos vellos cines e...

Publicacións Relacionadas