Home O Morrazo Marín Smart Mobility Marín: unha aplicación para consultar en tempo real a ocupación...

Smart Mobility Marín: unha aplicación para consultar en tempo real a ocupación dos aparcadoiros públicos

- Anuncio -

A App pode descargarse nos móbiles e é un dos piares do proxecto Smart Citie, que se financiou a través de Marín Dusi, e que permite a través da tecnoloxía obter datos de mobilidade urbana de forma obxectiva 

A mobilidade urbana pódese medir. De feito, é esencial poder facelo para tomar decisións de ordenación do espazo urbano con criterios obxectivos. Esa é a razón de ser do proxecto Marín Territorio Smart, que se desenvolveu no último ano para poder converter á nosa vila nun espazo no que as novas tecnoloxías asociadas ao Big Data (a recopilación dun gran volume de datos e o seu procesamento para que poidan ser analizados, estudados e aplicados). 

E, onde se aplicará esta recopilación de datos? Fundamentalmente nos fluxos de mobilidade urbana, centrándose especialmente no tráfico rodado e no estacionamento, para medir a ocupación dos aparcadoiros públicos gratuitos que hai por todo o casco urbano. 

Tamén será posible medir os fluxos peonís, así como outros aspectos de elevado interese público como o consumo eléctrico, as condicións climatolóxicas… 

O resultado, ademais de poder verse na pantalla que leva colocada varios meses na Avenida de Ourense, é o dunha aplicación accesible para móbiles, para que todo marinense poida ter no seu peto información en tempo real da ocupación dos aparcadoiros, para que poidan decidir en cal deixar o seu coche e reducir o tráfico circulante.

Para poder descargala, é abondo con entrar na tenda de aplicacións correspondente, tanto en Android como en Iphone, e buscar “Smart Mobility Marín” , descargando a app que ten o logo do Concello. 

Vídeos desde Pontevedra, Bueu e Moaña/Vigo 

Por outro lado, estanse preparando unha serie de vídeos explicativos de como chegar aos distintos aparcadoiros desde as entradas doutros concellos máis limítrofes coa nosa vila: desde Pontevedra, arrancando na Avenida de Ourense; desde Bueu, co punto de partida á altura de Tiro Naval Janer, e desde Vigo/Moaña, partindo de Jaime Janer. 

O obxectivo destes vídeos é poder axudar a aquelas persoas que veñen de fóra de Marín a atopar estas bolsas de estacionamento, que moitas veces son descoñecidas para os visitantes de fóra, que veñen pasar o día á vila ou a traballar.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas