Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a...

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e o comercio da nosa provincia”

- Anuncio -

O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o vindeiro domingo, 5 de maio

O presidente da Deputación, Luis Menor, participou este mediodía no acto de inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro domingo, 5 de maio, na praza do Bispo Cesáreo da capital. No apertura Luis Menor estivo acompañado pola presidenta da Asociación de Artesáns de Ourense, Olga Santos; o delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo; e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

Luis Menor enxalzou o labor das persoas que se dedican á artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e a actividade comercial da nosa provincia”. Precisamente por iso, o presidente da Deputación manifestou a súa vontade de potenciar a presencia destes profesionais, impulsar a súa formación, a promoción de produtos artesáns e conservar os oficios máis tradicionais desde un lugar tan emblemático como é o casco histórico da cidade: “É un obxectivo que debemos perseguir e no que nos implicamos activamente”, sinalou Luis Menor, quen garantiu desde a Deputación prestarase toda a colaboración precisa “para manter esta actividade económica que valoriza a nosa provincia”.

“Sempre nos teredes ao voso carón, colaborando en todo canto sexa posible”, manifestoulle o presidente provincial aos membros da Asociación de Artesanía, e animou ao público presente “a mirar e buscar as mellores pezas para ter un detalle con nós mesmos ou coas persoas que máis queremos e que máis o merecen, sobre todo tendo en conta que dentro dunha semana é o Día da Nai”.

Relacionadas

Lorenzana reúnese co alcalde de ribadavia para abordar as necesidades de solo industrial do...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde de Ribadavia, César Fernández, con quen abordou as necesidades...

Francisco Millán Mon visita a feira do Carballiño e pide o voto á veciñanza...

0
O candidato do Partido Popular ás Eleccións Europeas, Francisco Millán Mon, percorreu esta mañá a feira do Carballiño, onde puxo en valor o traballo...

Trescentos xadrecistas participarán mañá na Copa Galicia Maristas Ourense – Memorial Emilio Rodríguez

0
O salón de plenos acolleu a presentación do torneo, que organizan os clubs Maristas e Xadrez Ourense coa colaboración do Concello, a Deputación e...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de maio de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de maio, no que se...

Adrián Vázquez pon en valor o traballo desenvolvido polo do PP en Europa para...

0
·        O candidato lembrou a enorme importancia desta actividade en territorio galego, “que se reflicte no feito de que o 39,9% dos viticultores de España...

Luis López garante o apoio da Deputación ao sector agrogandeiro da provincia pola súa...

0
O presidente provincial referiuse á medidas de soporte como as subvencións ás cooperativas, a colaboración coa Semana Verde ou Feira Deza ou a asistencia...

Publicacións Relacionadas