Home Xunta de Galicia A Xunta denuncia o retraso dos compromisos adquiridos polo Goberno Central en...

A Xunta denuncia o retraso dos compromisos adquiridos polo Goberno Central en materia de servizos ferroviarios como a prolongación do corte da vía entre Monforte e Ourense

- Anuncio -

— O Goberno galego lamenta a falta de transparencia do Executivo estatal e reclama un diálogo continuo e fluído entre ambas administracións para coñecer as causas dos retrasos en distintas infraestruturas e servizos comprometidos para Galicia

— A Administración autonómica lembra os constantes aprazamentos dos trens Avril e Avlo á comunidade galega e critica que se lles dea prioridade a estes servizos noutros territorios nos que Renfe ten competencias

A Xunta advirte da falta de transparencia do Goberno central con Galicia en materia de servizos ferroviarios ao incumprir os compromisos adquiridos e con anuncios cambiantes debido a unha falta de planificación e dunha xestión rigorosa. Neste senso, o Goberno galego esixe ao Executivo estatal un diálogo continuo e fluído entre ambas administracións para informar do estado das obras pendentes e das causas dos retrasos dos distintas liñas e infraestruturas.

Destaca como o exemplo máis recente, a prolongación do corte da vía férrea entre Monforte de Lemos e Ourense que, en principio estaba previsto por oito meses -de novembro de 2022 a xullo de 2023-, e que xa se demora máis de ano e medio. O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) anunciara que neste mes de abril estarían rematados os traballos de modernización do corredor Ourense-Monforte-Lugo e o avance actual das obras demostra que, de novo, o Goberno central non vai cumprir con este novo prazo.

Deste xeito, seguirá sen restablecerse o servizo o parte do percorrido que realizan case unha trintena de trens ten que realizarse en autobús, ao igual que os usuarios dos seis trens por sentido diarios do traxecto entre Monforte e Ourense -tanto de liñas da propia comunidade ou procedentes de Castela e León- veñen facendo o tramo de maneira alternativa durante os últimos 16 meses por mor dos retrasos das obras.

A Xunta denuncia que este retraso súmase a outras “promesas incumpridas” como os constantes aprazamentos dos trens Avril de Avlo a Galicia, ao mesmo tempo que se lles dea prioridade a estes servizos noutros territorios nos que Renfe ten competencia. Por iso, o Goberno galego propón que en compensación aos agravios derivados da falta de planificación nas obras que provocan os retrasos, se equiparen os prezos dos trens de alta velocidade aos de Avlo nos destinos de Galicia, alomenos nunhas 2.000 prazas diarias que corresponderían a 4 frecuencias cos trens Avlo.

Relacionadas

Xosé Merelles anima a explorar “os retos e oportunidades” do Camiño no horizonte do...

0
O director de Turismo de Galicia participa en Mondoñedo na inauguración do encontro ‘Os Camiños de Santiago en Galicia, o seu coñecemento e divulgación’ O...

Constituido o Posto de Mando Avanzado que coordinará o dispositivo de seguridade de case...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe o Posto de Mando Avanzado habilitado no Monte do Gozo para garantir a...

A Xunta duplicará a rede de aforos de Galicia-Costa ata chegar a 95 estacións...

0
Ángeles Vázquez subliña a importancia de dispoñer dun sistema automático de medición en tempo real xa que ofrece información clave para o seguimento de...

A Xunta aposta por dixitalizar a xestión da auga para facela máis eficiente e...

0
Galicia participa en Avilés nunha xornada sobre o PERTE para a dixitalización do ciclo da auga, unha ferramenta da que a comunidade galega recibe...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés colabora mañá en colaboración con AECC...

0
Haberá instaladas mesas informativas nos tres hospitais e nunha decena de centros de saúde, nas que o persoal sanitario e voluntariado da Asociación Española...

Rueda destaca a Feira Internacional Abanca Semana Verde como mostra da potencia do rural...

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a Feira internacional Abanca Semana Verde como unha mostra da potencia e das oportunidades de futuro...

Publicacións Relacionadas