Home A Coruña Xornadas con familias: Acompañar no reto de educar

Xornadas con familias: Acompañar no reto de educar

- Anuncio -

Sesión 29 de abril de 2024
“ Resolución de conflitos desde a educación emocional”
O Concello de Fene, a través dos Servizos Sociais, continúa o programa relacionado co apoio ás familias na súa labor educativa cas crianzas, no ciclo de “ Acompañar no reto de educar”, que consiste en espazos en familia onde se informa, reflexiona e comparte, a través das sesións que se están a celebrar na Casa da Cultura de febreiro a maio.
Estas sesións se organizan a través da agrupación de concellos de Fene, Mugardos e Neda co obxecto de desenvolver o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarcan o programa familiar “ MAS QUE UN TEITO”, subvencionado pola Consellería de Sanidade. Espazos en familia.
Trátase dun programa de formación en prevención familiar e comunitaria e ten como finalidade acompañar para evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables e tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero.

Estas actuacións están encamiñadas a sensibilizar, mellorar e complementar a información nas familias a nivel emocional e na prevención das condutas aditivas de maneira precisa e axeitada.

O próximo día 29 de abril o tema a desenvolver “Resolución de conflitos desde a educación emocional”

• HORARIO: de 18:00 a 20:00 horas
• LUGAR: Casa da Cultura de Fene
• DESTINADA A: todos os públicos, ANPAs, entidades sociais, familias e preadolescentes
• PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Mediante o código QR

Ao longo da sesión os contidos a tratar son:

• Conflitividade na adolescencia actual: normalización da hostilidade nas relación entre iguais.
• Estatexias de xestión de conflitos na adolescencia.
• Regulación emocional e resolución de conflitos.

Todas as sesións realizaranse ás 18.00h. LUGAR: Casa da cultura de Fene
Inscrición :As prazas cubriranse por orde de inscrición ata completar aforo.

*SERVIZO DE CONCILIACIÓN:
Ao obxecto de que as familias poidan dispoñer dun tempo para acudir as sesións, paralelamente estará dispoñible un espazo para as crianzas con monitorado para dinamizar ao grupo.
A inscrición no servizo de conciliación:
• As familias interesadas si non o indicaron na folla de inscrición é necesario que contacten con servizos sociais para solicitalo.
• O plazo para escribirse no servizo de conciliación remata o venres anterior a cada sesión e as prazas están límitadas ata completar aforo.

Metodoloxía: As xornadas serán participativas, utilizando dinámicas grupais. Nas sesións recolleránse todas as cuestións que se platexen e tratarase de dar resposta as mesmas.
Con este programa se está incidindo no cumprimento a nivel local dos obxectivos de desenvolvemento sostibles (ODS) da Axenda 2030
3: saúde e benestar.
5: Igualdade de xénero.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas