Home A Coruña A Popular Faro Roncudo volve bater o seu récord de inscricións e...

A Popular Faro Roncudo volve bater o seu récord de inscricións e congregará a máis de 350 deportistas

- Anuncio -

 A proba, xa consolidada no calendario deportivo, supera en 80 participantes o seu mellor rexistro, obtido na edición o ano pasado.

 Entre os inscritos figuran os vencedores da edición do 2023: Amador Pena e Inés Pampín.

Ata 359 atletas de diferentes categorías se darán cita na cuarta edición da Popular Faro Roncudo, que se celebrará pasado mañá, domingo 28 de abril. Esta cifra de inscricións supón un novo récord para a proba, superando en 80 participantes o seu mellor rexistro, os 279 corredores e corredoras do ano pasado.

Estes datos de participación non fan máis que confirmar a consolidación deste evento que organiza o Concello de Ponteceso e que non deixa de medrar. A Popular Faro Roncudo ofrece a posibilidade de gozar do atletismo nunha paisaxe inigualable: o camiño que une a Praza da Ribeira, saída e meta da proba, e o Faro Roncudo.
A categoría absoluta -que acapara a maioría das inscricións con 258- tomará a saída ás 11:30 horas e terán unha hora para completar os 6.200 metros da proba, que consiste en ir e volver dende a Praza da Ribeira ata o Faro Roncudo.

O cartel de participantes é todo un luxo e destaca a presencia dos vencedores da última edición: Amador Pena, da SD Compostela Atletismo, que defenderá o ouro en categoría masculina; mentres que Inés Papín, do Dawako Athletics, buscará repetir triunfo na categoría feminina.

A partir das 12:40 horas irán saíndo, con marxes de 10 minutos as categorías sub 18 e sub 16; a sub 14 e sub 12; a sub 10 e, por último; ás 13:05 horas correrán os 15 inscritos na categoría sub 8, pechando unha mañá de deporte e diversión nunha contorna única.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas