Home A Coruña Vilela estrea a Praza do Pombal, un espazo público de calidade que...

Vilela estrea a Praza do Pombal, un espazo público de calidade que contribúe á posta en valor dun núcleo rural singular

- Anuncio -

O concello investiu 250.000 euros na posta en valor da contorna do pombal, da nogueira situada ao seu carón e da igrexa de San Miguel

Poñer en valor os núcleos rurais tradicionais e os elementos máis característicos e identitarios de cada parroquia é un obxectivo no que vimos traballando desde o Concello de Carballo a través de proxectos como o que vén de rematar na parroquia de San Miguel de Vilela: a Praza do Pombal. Unha actuación singular deseñada polo arquitecto Carlos Seoane e na que se utilizan materiais nobres que contribúen á dignificación do espazo.

Este proxecto, ao que destinamos 250.000 euros, permitiu poñer en valor o pombal cilíndrico de Vilela como elemento singular e identificativo da parroquia. Unha porta de barrotes de forxa, o mesmo material que se utilizou na varanda lateral, permite ver o impresionante interior do icónico pombal, que mesmo era descoñecido para algúns veciños, e que se conserva intacto.

Recuperar a relevancia do pombal e o protagonismo da antiga nogueira situada ao seu carón, como elementos centrais dun espazo público de calidade nun lugar de gran carácter e valor patrimonial e paisaxístico, era, precisamente, o gran obxectivo da actuación.

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Planificación, Juan Seoane, visitaron a praza acompañados pola paisaxista Carmen Alonso, que deseñou, en colaboración coa dirección de obra, os novos elementos verdes do espazo, onde, ademais das árbores, agora hai flores e moi pronto estará cuberto da cor lila da vinca o noiro acondicionado para reducir o importante desnivel do terreo.

A proposta arquitectónica baseouse na creación dunha gran praza entre o pombal e a igrexa, totalmente accesible e que se vai transformar nun lugar de encontro e celebracións comunitarias. Esa ampla zona pavimentada queda encadrada entre dous bancos situados en esquinas opostas en forma de L, un deles cuberto cunha marquesiña metálica que servirá de soporte para unha futura parra. O outro é o punto de partida para a construción dunhas gradas que, ademais de resolver a forte pendente do terreo, aproveitouse para xerar outro lugar de estancia e celebración, cunha nova zona de sombra grazas á plantación dunha nova árbore.

O arquitecto Carlos Seoane, autor do deseño, tamén tivo en conta a iluminación, que mellora a visibilidade nocturna e fará da praza un lugar atractivo tamén pola noite. Agora, a desfrutala e a coidala.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas