Home Xunta de Galicia Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e o Día de Galicia en Asturias acrecentarán os vínculos entre ambas entidades

- Anuncio -

— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino da Coruña

A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no acto de irmandamento entre o Centro Asturiano da Coruña e a asociación Día de Galicia en Asturias. Na súa intervención destacou que “grazas a estas dúas entidades, que hoxe se unen, puxéronse en marcha estratexias comúns, que resultaron moi beneficiosas para as dúas rexións”.

A representante do Goberno autonómico animou á asociación Día de Galicia en Asturias a seguir sendo unha das mellores embaixadoras de Galicia en Asturias e a manter esa transmisión dos aspectos que teñen en común e unen a ambas as comunidades.

Ademais, puxo en valor o labor do Centro Asturiano da Coruña para promocionar e divulgar a cultura e a gastronomía asturiana e o bo facer das súas empresas con actos que reforzan aínda máis os lazos que unen ambas rexións.

A delegada rematou a súa intervención destacando que “a proximidade que sempre existiu entre galegos e asturianos consolidouse como un sentimento de cooperación e entendemento recíproco que debemos seguir mantendo e transmitindo aos nosos descendentes”.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas