Home Deza Agolada A Deputación aproba 76.000 euros para realizar melloras en infraestruturas deportivas municipais...

A Deputación aproba 76.000 euros para realizar melloras en infraestruturas deportivas municipais de Agolada e Vila de Cruces

- Anuncio -

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas xa mobilizou preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes

Pazo provincial, 30 de abril de 2024. A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar 76.000 euros de axudas para os concellos de Agolada e Vila de Cruces ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado con 4 millóns de euros. Os novos fondos servirán, no primeiro caso, para mellorar o campo de fútbol municipal e, no segundo, para acometer obras de mellora e ampliación do ximnasio municipal.

En concreto, os 31.444 euros que recibe o Concello de Agolada permitirán cambiar os focos que están instalados na actualidade no campo de fútbol municipal. Substituiranse os 16 focos, que son de haloxenuro metálico de 2.000 W, por tres módulos de 990 W tipo led, cun total de oito focos novos.

Pola súa banda, o Concello de Vila de Cruces destinará esta achega de 45.305 euros a unhas instalacións que, nestes momentos, dispoñen dunhas dimensións moi reducidas, polo que non dan cobertura á demanda. Desta maneira, ampliarase o local destinado a ximnasio con novas instalacións e procederase a modernizar, remodelar e mellorar as instalacións prevendo os espazos necesarios para cada actividade, de modo que se desenvolvan en condicións de comodidade e seguridade. Así, as diferentes salas de actividades (ximnasio, aula de actividades múltiples, sala de loita, etc.) disporán da superficies adecuadas.

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, dirixido aos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, mobilizou ata o momento preto de 2,3 dos 4 millóns de euros do orzamento total, con achegas, ademais de para Vila de Cruces e Agolada, para A Cañiza, A Estrada, A Illa de Arousa, A Lama, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Mondariz-Balneario, Moraña, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Pontecesures, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Silleda, Soutomaior, Valga, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova.

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

Publicacións Relacionadas