Home Xunta de Galicia A Xunta avoga por unir sinérxias público-privadas para referendar a posición de...

A Xunta avoga por unir sinérxias público-privadas para referendar a posición de Galicia como terra de oportunidades

- Anuncio -
  • José González destacou o proceso de diálogo iniciado esta semana coa patronal e sindicatos, que completará en datas próximas cos interlocutores do traballo autónomo, a economía social e o comercio para abordar en común os retos
  • Como administración facilitadora para os investimentos en Galicia, avogou por simplificar e desburocratizar os procedementos
  • O novo Mapa do Emprendemento da Consellería de Emprego está a reunir todos os recursos e entidades implicados en Galicia e en dúas semanas xa aglutina un total de 145 rexistros de axentes que promoven as iniciativas empresariais

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou hoxe na inauguración en Pontevedra do centro dixital HubNet -unha iniciativa coa que a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa impulsará a transformación dixital das pequenas e medianas empresas e o nacemento de novos negocios-, que o representante autonómico puxo como exemplo das actuacións que Galicia está a desenvolver para seguir a ser terra de oportunidades.  

González defendeu a colaboración público-privada dentro do ecosistema emprendedor para aproveitar sinerxías e para unir a todos os actores clave da economía en favor do crecemento da comunidade. Neste sentido lembrou que está a desenvolver un proceso de diálogo e escoita activa con patronal e sindicatos -hoxe mesmo reuniuse con representantes de CCOO e CIG- que completará nas próximas datas en contacto cos foros de autónomos, economía social ou do comercio e coas confederacións de empresarios de carácter provincial.

“Queremos escoitar propostas para tratar de validar o que queremos mellorar”, incidiu González, que apuntou como algúns dos aspectos prioritarios abordar cuestións como a formación para o emprego, a casación da demanda de traballo coa oferta, a loita contra a sinistralidade laboral e o absentismo laboral.

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración vén de reforzar a súa estrutura coa creación dunha nova dirección xeral específica de emprego autónomo e economía social, co obxectivo, dixo o titular deste departamento, de aproveitar o potencial emprendedor dos galegos.

O Goberno galego quere ser unha Administración cada vez máis facilitadora para a empresa. Na presente Lexislatura avanzarase na simplificación, a desburocratización e a simplificación do catálogo de axudas existentes, aspectos nos que incidiu o conselleiro.

González referendou o seu compromiso de apoiar ao tecido produtivo para que siga a crecer e a crear emprego de calidade. Tamén para abordar de maneira decisiva  a innovación no sector comercial minorista e a súa dixitalización para que ofreza un produto diferenciado que atraia máis clientela e blinde a súa fidelidade.

Neste camiño, engadiu o conselleiro, “as Cámaras de Comercio son unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento empresarial, sobre todo na parte das pemes e na súa internacionalización”.

Mapa do emprendemento

O conselleiro referiuse, por outra banda, ao Mapa de emprendemento que vén de lanzar o seu departamento, un espazo virtual (www.mapaemprendemento.gal) que integra por primeira vez o ecosistema galego de apoio ao emprendemento con todos axentes, entidades, redes e recursos dispoñibles para iniciar un negocio.

Tras o seu lanzamento hai dúas semanas, a web xa aglutina 145 de entidades (outras vinte amosaron o seu interese en facelo) que traballan na promoción das iniciativas empresariais na comunidade, afirmou González, quen amosou a súa convicción de que o emprendemento é chave que crear empregos próximos, de calidade, sustentables e igualitarios e para potenciar, a través das  novas ideas, un tecido empresarial máis rico e variado, plural e diverso.

Relacionadas

A Xunta impulsa a Escola de Cantería de Poio coa súa conversión nun Centros...

0
Román Rodríguez subliña que o obxectivo é “potenciar o oficio da cantería” fomentando a innovación e a tecnoloxía e atendendo ás demandas do sectorEntre...

Un total de 150 alumnos de seis centros educativos galegos poñen en escena a...

0
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou os ensaios da ópera Le Villi, de Giacomo Puccini, que este sábado representan...

Román Rodríguez desstaca a alianza con Netflix, Vaca Films e Fad Juventud para formar...

0
O conselleiro de Educación participa na clausura da segunda edición deste programa no que participan 25 estudantes, que recibiron formación como atrecistas O conselleiro de...

Román Rodríguez anima á mocidade a achegarse ao stand de FP en Silleda para...

0
O conselleiro visita o expositor no Salón de Alimentación do Atlántico, onde avanzou que se acadará de novo “unha cifra histórica” de prazas de...

José González escoita as demandas de AJE-Galicia e salienta a aposta da Xunta pola...

0
― Sinalou que os menores de 30 anos son colectivo prioritario nas políticas activas de emprego e puxo en valor a Rede de polos...

A Xunta dá a coñecer a riqueza ambiental dos parques naturais galegos mediante conexiónS...

0
Ángeles Vázquez reitera a aposta da Xunta por concienciar á poboación sobre a importancia de protexer e conservar os espazos naturais ao ser fundamentais...

Publicacións Relacionadas