Home Xunta de Galicia A Xunta activa desde mañá servizos de autobús entre Vigo e o...

A Xunta activa desde mañá servizos de autobús entre Vigo e o aeroporto de Santiago para atender os viaxeiros afectados polo peche temporal do aeroporto de Peinador

- Anuncio -

A XUNTA ACTIVA DESDE MAÑÁ SERVIZOS DE AUTOBÚS ENTRE VIGO E O AEROPORTO DE SANTIAGO PARA ATENDER OS VIAXEIROS AFECTADOS POLO PECHE TEMPORAL DA TERMINAL DE PEINADOR

  • A Xunta activou esta solución de urxencia ante a falta de alternativas para os viaxeiros por parte do Goberno central que promove a obra na pista de Peinador
  • 04,30, 07,35 e 10,45 horas e do aeroporto cara a Vigo ás 08,45, 12,40 e 18,45 horas

A Xunta activa desde mañá mércores, 8 de maio, servizos de autobús entre Vigo e o aeroporto de Santiago para atender os viaxeiros afectados polo peche temporal do aeroporto de Peinador ante a falta de alternativas para os viaxeiros por parte do Goberno central, que promove a obra na pista.

Entre a estación intermodal de Vigo e a terminal compostelá funcionarán seis servizos ao día, cunha duración aproximada dunha hora e media, e terán saída desde Vigo ás 04,30, 07,35 e 10,45 horas e do aeroporto cara a Vigo ás 08,45, 12,40 e 18,45 horas.

O servizo con saída de Vigo ás 04,30 horas, permitirá aos usuarios coller os voos da primeira hora da mañá, prestarase nunha nova liña que se crea especificamente e que realizará unha parada intermedia en Pontevedra. Os outros cinco servizos adaptan o itinerario de servizos de autobús xa existentes de liñas da Coruña e Ferrol con Vigo, engadindo un desvío ao aeroporto de Santiago. A información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Coa posta en marcha destes servizos, a Xunta ofrece unha solución urxente á necesidade de facilitar os traslados ao aeroporto de Santiago dos viaxeiros afectados polas obras na pista de aterraxe na terminal viguesa, pese a tratarse dunha competencia da empresa pública estatal Aena.

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lamenta que, malia que se prevé que o peche do aeroporto dure cando menos o mes de maio, o Executivo central non ofrecese unha alternativa para a conexión dos viaxeiros coa cidade de Vigo na xuntanza que mantivo a semana pasada o alcalde de Vigo, Abel Caballero, co ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente.

Relacionadas

A Xunta avanza no recoñecemento das empresas que destacan na aplicación das POLÍTICAS de...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado polo secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho,...

Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense vanzan na dinamización turística da provincia...

0
- Xosé Merelles e Luis Menor mantiveron unha xuntanza esta mañá para analizar distintas accións de promoción dos recursos da provincia O director de Turismo...

A Xunta pon en valor o traballo do tecido empresarial galego na redución das...

0
― Ángeles Vázquez salienta que Finsa investiu en total preto de 200 millóns de euros nos últimos anos para optimizar todos os procesos apostando...

A Xunta participa na tradicional Feira de San Martiño de Teo

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e a conselleira do Medio...

López Campos agradece o papel das bibliotecas na promoción e difusión do libro e...

0
— O acto, incluído na Xornada de Bibliotecas Públicas, celébrase coincidindo co Día das Librarías — “O seu traballo, xunto co do comercio libreiro, é...

Belén do Campo destaca o investimento de máis de 300.000€ na mellora de infraestruturas...

0
 A delegada da Xunta avaliou co alcalde esas aportacións que servirán tanto para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas como...

Publicacións Relacionadas