Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación concede preto de 35.000 euros aos concellos de Dozón e...

A Deputación concede preto de 35.000 euros aos concellos de Dozón e Lalín para acometer obras de mellora de infraestruturas deportivas

- Anuncio -

Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,6 millóns de euros entre concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes

Dozón recibirá máis de 25.000 euros para a mellora nos vestiarios das piscinas municipais e Lalín máis de 9.000 para a subministración de estores e paneis no Lalín Arena

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar axudas por valor de preto de 35.000 euros para que os concellos de Dozón e Lalín poidan acometer obras de mellora de infraestruturas deportivas. Deste xeito, Dozón recibirá máis de 25.000 euros para a mellora nos vestiarios das piscinas municipais e Lalín máis de 9.000 para a subministración de estores e paneis no Lalín Arena. Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,6 millóns de euros entre concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes. 

As instalacións da piscina municipal de Dozón foron construídas con anterioridade ao ano 1995 polo que precisan obras de mellora e modernización, concretamente no edificio dos vestiarios. Cos recursos da Deputación, o Goberno Local acometerá unha renovación deste equipamento, executando unha nova instalación de electricidade, adaptada á normativa actual, e arranxando a problemática de filtracións de auga da súa cuberta.  Deste xeito, renovarase a cuberta na súa totalidade e instalaranse novos falsos teitos practicables, así como instalaranse luces LED e pintarase todo o recinto, tanto no interior como no exterior.

No caso de Lalín, a Deputación de Pontevedra destina unha nova achega para a renovación que está a promover o Goberno Local no Lalín Arena. Neste caso trátanse de recursos para adquirir estores e revestir paredes con friso de PVC en cor branco nos vestiarios de mozas e de mozos, así como no corredor das oficinas. A este mesmo recinto, a institución provincial ten destinado xa outros 30.000 euros do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas cos que o concello vai adquirir un elevador acuático portátil, dúas pantallas LED e reparar as ramplas de acceso.

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, dirixido aos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, mobilizou ata o momento preto de 2,6 dos 4 millóns de euros do orzamento total, con achegas, ademais de para Dozón e Lalín, para A Cañiza, A Estrada, A Illa de Arousa, A Lama, Agolada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Marín, Meaño Meis, Mondariz-Balneario, Moraña, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, Redondela, Rodeiro, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Silleda, Soutomaior, Tui, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova.

Relacionadas

A ANPA Cal do Vergazo, en colaboración co concello da Lama, celebra este domingo...

0
O alcalde David Carrera e membros desta asociación escolar presentaron a actividade que contará con 51 expositores, música e obradoiros participativos O alcalde da Lama,...

A Deputación leva este domingo a Soutomaior o circuíto +Escénicas con “O tranvía Leonardo”,...

0
O espectáculo para público infantil celebrarase ás 17:30 horas na Casa da Cultura +Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros,...

O BNG emenda os orzamentos da Xunta para que Soutomaior conte canto antes co...

0
O BNG de Soutomaior vén de presentar as súas emendas aos Orzamentos da Xunta de 2025. O obxectivo destas emendas é que a Xunta...

A Deputación leva este domingo a Cerdedo-Cotobade a proxección de “A viaxe de Lucy”...

0
O documental poderá verse na Casa do Pobo de Corredoira ás 18:30 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do...

400 escolares aprenden a alimentarse de maneira saudable

0
● O Concello do Porriño, coa colaboración do SERGAS, impulsa estes talleres de nutrición nos centros educativos O Concello do Porriño segue apostando pola promoción...

A Deputación leva este sábado ás Neves a proxección de “Os espazos en branco”...

0
O documental poderá verse no Auditorio municipal ás 20:00 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual, chegará tamén...

Publicacións Relacionadas