Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación investirá máis de 750.000 euros no Concello de Vilamarín no...

A Deputación investirá máis de 750.000 euros no Concello de Vilamarín no actual mandato co Plan CooperOU

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, mantivo hoxe unha reunión de traballo na Casa Consistorial de Vilamarín co alcalde, Amador Vázquez, para repasar as diversas liñas de cooperación abertas entre ambas administracións 

Un dos temas analizados foi o novo deseño de funcionalidade do Pazo de Vilamarín, no que se está a traballar de xeito coordinado co propio concello, “para dotar de actividades culturais, deportivas e lúdicas a este emblemático edificio”, sinalou o presidente provincial 

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou hoxe o Concello de Vilamarín onde mantivo unha reunión de traballo co alcalde, Amador Vázquez, para repasar as diversas liñas de cooperación abertas entre ambas administracións. 

Neste sentido, cabe destacar que a Deputación de Ourense investirá máis de 750.000 euros no concello ao longo deste mandato a través do Plan CooperOU, “contribuíndo a dar resposta a numerosos proxectos para este territorio”, salientou Luis Menor.  

Un dos temas analizados durante o encontro foi o novo deseño de funcionalidade do Pazo de Vilamarín, no que se está a traballar de xeito coordinado co propio concello, “para dotar de actividades culturais, deportivas e lúdicas este emblemático edificio”, sinalou o presidente provincial. 

Pola súa parte, o Concello de Vilamarín demandou a colaboración da Deputación para  dotar ao municipio dun polideportivo que dea resposta á importante actividade existente no territorio. Tamén solicitou un tractor desbrozadora que lle permita realizar tarefas de prevención de lumes e limpeza de estradas, maquinaria concedida no marco do convenio de colaboración entre a Deputación e a Consellería de Medio Rural. 

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

Luisa Sánchez reúnese coas xogadoras do Mosteiro Bembrive FS, que duplica este ano a...

0
Esta liña de subvencións, que se outorgaron por concorrencia competitiva, está dotada con 900.000 euros, 50.000 euros máis que o pasado ano Ao abeiro deste...

Luis Álvarez Pousa, Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo

0
No seu fallo, o xurado destaca a súa longa e intensa traxectoria profesional, aínda en activo, “como formador das primeiras promocións de xornalistas galegos,...

A Deputación leva esta fin de semana o programa +Bosques ata o pazo de...

0
A iniciativa, que remata este mes, promove o contacto directo coa natureza e ten xa todas as prazas cubertas A Deputación de Pontevedra leva esta...

A vicepresidenta Luisa Sánchez destaca a importancia da plena inclusión na presentación da regata...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta mañá en Vigo no acto de presentación da terceira edición da regata inclusiva “Vigo...

A Deputación organiza esta fin de semana oito novas saídas ao abeiro do +Convivencia...

0
Os participantes, de entidades de seis concellos da provincia, visitarán lugares como Tui, San Simón, O Grove, Cambados, Combarro, ou, entre outros, A Guarda Máis...

Publicacións Relacionadas