Home Sin categoría O PP de Culleredo denuncia o abandono total do comercio local das...

O PP de Culleredo denuncia o abandono total do comercio local das rúas peonís do Burgo por parte do concello

- Anuncio -

∙ Veciños e comerciantes levan anos avisando da progresiva deterioración desta zona, que no seu día albergaba os mellores comercios e locais de hostalería de Culleredo.

∙ A falta de limpeza e os malos cheiros que iso xera, á vez que a ausencia das tan reclamadas prazas de aparcamento no Burgo, son dous dos factores determinantes neste declive.

A que no seu día era considerada a zona máis dinámica e viva do Burgo, a das rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte, sofre a día de hoxe un abandono e unha deterioración que os veciños, e sobre todo os comerciantes e hostaleiros, sofren a diario.

Ao xa constante problema da falta de aparcamento público, agravado aínda máis coa eliminación de varias prazas coa reforma da Praza de Galicia, hai que sumarlle a sucidade, a falta de iluminación, a deterioración do mobiliario urbano e a falta total de apoio ao comercio local por parte do Goberno Municipal.
“Os veciños e comerciantes trasladáronnos en numerosas ocasións a falta de limpeza das rúas, de como a sucidade se acumula ata provocar cheiros insoportables e como o verdín cando chove fai perigoso o pasear por algunhas zonas”, sinala a concelleira popular, Vanesa Fernández.

Outro dos problemas que preocupan aos veciños das rúas peonís do Burgo é a deficiente iluminación pública. “É claramente insuficiente. Basta con darse unha volta durante a noite ou simplemente a última hora da tarde para darse conta de que é inaceptable que nunha zona tan concorrida súfrase desta falta de iluminación”, denuncia a edil popular.

Respecto ao apoio municipal a comerciantes da zona, aí os populares cargan aínda con máis dureza contra o labor do goberno que dirixe José Ramón Rioboo. “Nulo. O apoio ao comercio local é practicamente nulo. A falta de iniciativas por parte do alcalde para revitalizar esta e outras zonas comerciais de Culleredo é intolerable. Salvo algunha campaña menor en Nadal, o resto do ano cero. Nada”, sentencian desde o Grupo Popular.

Relacionadas

A Xunta contribúe, no marco da Rede de Polos, ao asesoramento en comunicación e...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou na xornada de clausura de Alento, programa impulsado polo Goberno galego e...

A Bibioteca Municipal de Baiona celebra o Día das Escritoras con “Encontros coa escritora...

0
A concellería de Cultura do Concello de Baiona, a través da Biblioteca Pública Municipal, celebra o Día das Escritoras, coa celebración dunha actividade que...

Rueda destaca o gran futuro do Camiño Portugués que xa é a Ruta Xacobea...

0
 Asegura que hai marxe a seguir medrando sen perder a esencia e aposta por promover a desestacionalización  O Camiño Portugués e a súa...

A Aula da Natureza de Cabo Udra acolle este outubro novas actividades medioambientais

0
• Os eventos desenvolveranse na propia Aula e na súa contorna e haberá propostas para todos os públicos • As persoas que desexen participar deberán...

Discamino súmase á edición máis inclusiva da carreira de empresas de Galicia-Interrruning

0
● O evento deportivo organizado por Interrunning Club en colaboración co Concello do Porriño apoiará Bicos de Papel, a AECC e o programa municipal...

Dez servizos turísticos do destino SICTED “Trevinca-Valdeorras” reciben o distintivo de “Compromiso de Calidade...

0
O presidente da Deputación, Luis Menor, participou esta tarde no Castelo de O Bolo, xunto ao alcalde do municipio, Alberto Vázquez; e ao director...

Publicacións Relacionadas