Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Baixo Miño Obradoiros, teatro e música para fomentar o uso da lingua en Tomiño...

Obradoiros, teatro e música para fomentar o uso da lingua en Tomiño no Día das Letras Galegas

- Anuncio -

 Este 17 de maio o Concello organiza unha morea de actividades de 10 a 14 horas nos soportais da Praza do Seixo

A programación completarase co contacontos ‘Tinta do mar’ o domingo 19 ás 12.00 horas no Mercado de Tomiño

Tomiño conmemora o Día das Letras Galegas cunha morea de actividades o propio 17 de maio coas que poñer en valor o galego e fomentar o seu uso, especialmente entre a infancia e a mocidade. Por este motivo, este venres o Concello prepara unha intensa xornada con obradoiros, contacontos, música e descontos nas librarías tomiñesas.

Os soportais da Praza do Seixo acollerán de 10.00 a 14.00 horas seis talleres variados para todos os públicos cos que se irán conseguindo letras para rematar coa palabra ‘GALEGO’ selada na súa pel e conseguir de balde unha camiseta co deseño gañador desta edición do concurso do Día das Letras Galegas, que leva a frase ‘Fai un match coa túa lingua’ encadradas nun corazón.

A primeira actividade será ‘Creactividade’, que porá a disposición das e dos participantes unha lona na que deberá escribir unha frase ou debuxar algo relacionado con calquera das obras de Luísa Villalta, autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. En ‘Aprender galego con xogos ancestrais do noso país’ o público aprenderá a lanzar buxainas, con ‘Reacción en cadea’ terán que adiviñar o concepto de unión entre dúas palabras aparentemente aleatorias e en ‘Cantamos/Contamos’ haberá que saber continuar coñecidas cancións de antes e de agora, mentres que en ‘Adiviña quen’ cada persoa participante deberá descubrir que persoa coñecida galega se lle asignou. A xincana rematará co obradoiro ‘Galepalabra’, no que o público escoitará definicións en galego da a-z e debe intentar adiviñar a palabra.

Sobre as 12.00 horas será a quenda da música para conmemorar o Día das Letras Galegas co concerto da Agrupación Musical de Goián tamén na Praza do Seixo. Ademais, para fomentar a lectura en galego e en colaboración co comercio local, Concello e as librarías de Tomiño ofrecerán un 30% de desconto en todos os libros que se merquen en lingua galega ese día.

Tomiño continuará conmemorando o Día das Letras Galegas durante a fin de semana cun contacontos de balde no Mercado Municipal. Será este domingo 19 con ‘Tinta do mar. Pequena biografía de Luísa Villalta’, a través do que Polo Correo do Vento plasma o compromiso da autora coruñesa coa lingua, co ensino, coa ecoloxía, coa igualdade, coa dignidade humana e coa música. A actividade, que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, será ás 12.00 horas.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas