Free Porn
xbporn
Home Pontevedra A Lama O alcalde da Lama coordina cos operarios municipais una amplo dispositivo de...

O alcalde da Lama coordina cos operarios municipais una amplo dispositivo de limpeza con motivo da celebración do Santo Cristo de Xende

- Anuncio -

Realizáronse labores de roza e acondicionado de viais así como a habilitación de zonas de estacionamento

O alcalde do Concello da Lama, David Carrera, puxo en marcha cos operarios municipais da Brigada de Obras e Servizos un amplo dispositivo de roza e limpeza nas estradas de acceso e no entorno da igrexa de Xende coa intención de ter toda a zona preparada para acoller a romaría do Santo Cristo que terá lugar durante esta fin de semana do 25 e 26 de maio.

Así, nestes días tanto medios materiais como humanos do Concello e mesmo da Deputación están levando a cabo labores de limpeza, roza e acondicionamento dos viais por onde discurrirá este evento turístico-relixioso así como das principais estradas de acceso á parroquia de Xende co fin de facilitar ademais do tránsito zonas de estacionamento ante a previsible chegada masiva de visitantes e romeiros.

Na tarde de hoxe, ás 20 horas, comezaron as Novenas que dan comezo ás celebracións relixiosas e que provocan unha gran afluencia de persoas e familias que percorreron os distintos viais que conducen ao Santuario do Santo Cristo de Xende (A Lama).

PROGRAMA FESTIVO E RELIXIOSO

Os actos relixiosos propiamente ditos da Romaría do Santo Cristo de Xende darán comezo o sábado 25 de maio con misas ás 10:30 horas e ás 11:30 horas da mañá. Ás 12:30 horas terá lugar a misa solemne seguida de procesión. Pola tarde haberá misas ás 17:30 horas e ás 18:30 horas.

Por outra banda, ás 21 horas haberá unha gran churrascada e postres caseiros. Ao remate sortearase a becerra das rifas. A partir das 23 horas terá lugar a verbena amenizada por Son das Tabernas, Trío Azabache e o Dj Milucho.

A xornada do domingo prevé a celebración de misas ás 10 e ás 11 mentras que a solemne será ás 12 do mediodía. Ao remate da misa terá lugar a tradicional procesión que contará co acompañamento da Banda de Música Unión Musical de Tenorio.

Ao rematar a procesión haberá un concerto protagonizado pola Banda de Música Unión Musical de Tenorio. Ás 19 horas haberá tamén unha misa solemne e a continuación procesión coa gloriosa imaxe do Santo Cristo da Agonía de Xende.

Os actos relixiosos pecharán o domingo 2 de xuño ás 12:30 horas cunha misa solemne de Corpus e a continuación procesión do Santísimo Sacramento.

Relacionadas

A Deputación inicia esta semana 15 novos obradoiros do programa Provincia activa para impulsar...

0
Preto de 260 veciños de 14 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, restauración de mobles e tapizaría ou memoria, entre...

A Deputación programa para o venres 20 de setembro unha actuación de Celso Fernández...

0
O narrador de Lalín presentará ‘Dicir A era das fábulas, é coma dicir Desde o principio dos tempos’, ás 19:00 h no Edificio Castelao...

A Deputación organiza esta semana 13 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia” coa participación...

0
Os participantes, de entidades de dez concellos da provincia visitarán lugares como as illas de Ons e Cíes, Tui, A Guarda, Baiona, Poio, Portonovo,...

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas últimas rutas...

0
Os oito percorridos programados en outubro pecharán a actual edición do programa, que ata o momento logrou esgotar todas as súas prazas en cuestión...

Mos comeza a traballar no orzamento municipal para 2025

0
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Economía e Facenda, Feli Rodríguez, e a Interventora municipal, atópanse xa inmersas no orzamento municipal...

A Consellaría de Infraestruturas non atende as demandas veciñais de Couso que piden máis...

0
A consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ven contestar ás preguntas do BNG formuladas por escrito a través dunha iniciativa rexistrada en xuño...

Publicacións Relacionadas