HomeVigoNigránO Concello de Nigrán celebra o Día Mundial das Abellas este luns...

O Concello de Nigrán celebra o Día Mundial das Abellas este luns 20 con actividades na Biblioteca Municipal

- Anuncio -spot_img

Soledad García presentará ‘Aposiopese’ e haberá cata de meles

O Concello de Nigrán celebra o ‘Día Mundial das Abellas’ este luns 20 de maio con actividades na Biblioteca Municipal. Así, a escritora nigranesa Soledad García presentará ás 20:00 horas a súa obra poética ‘Aposiopese’, ilustrada a súa vez por Ángela Costas e terceiro premio no XI certame Manuel Leiras Pulpeiro de Mondoñedo. Ademais, haberá cata de meles e xogos.

Para crear conciencia sobre a importancia dos polinizadores, as ameazas ás que se enfrontan e a súa contribución ao desenvolvemento sostible, as Nacións Unidas declararon o 20 de maio como Día Mundial das Abellas. A polinización é un proceso fundamental para a supervivencia dos ecosistemas, esencial para a produción e reprodución de moitos cultivos e plantas silvestres. Case o 90% das plantas con flores dependen da polinización para reproducirse. Así mesmo, o 75 % dos cultivos alimentarios do mundo dependen en certa medida da polinización e o 35% das terras agrícolas mundiais. Os polinizadores, cada vez máis ameazados pola propia actividade humana, non só contribúen directamente á seguridade alimentaria, senón que ademais son indispensables para conservar a biodiversidade.

Publicacións Relacionadas