Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na figura pioneira de Placeres Castellanos

- Anuncio -

A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e Silvia Caldas, neta de Placeres Castellanos, será a encargada de detallar a vida e traxectoria desta muller pioneira

O papel de Placeres Castellanos na resistencia francesa contra os nazis protagonizará este xoves 23 de maio na Casa da Cultura de Ponte Caldelas unha nova entrega do programa da Deputación “Aquí faltan páxinas”. A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro ás 19.00 horas e Silvia Caldas, neta de Placeres Castellanos, será a encargada de detallar a vida e traxectoria desta pioneira muller.  

O faladoiro, que se poderá seguir a través da web da Deputación de Pontevedra, irá acompañado dun pódcast do que se poderá desfrutar desde este xoves tanto na web  institucional como en Ivoox e Spotify. Nel recordarase a Placeres Castellanos, casada con Víctor Fraiz, mestre que foi perseguido e asasinado polo bando franquista trala sublevación de 1936. Tras este tráxico suceso, Castellanos tivo que escapar ao sur de Francia, onde permaneceu en campos de internamento e entrou en contacto coa resistencia francesa, coa que colaborou como guerrilleira. Ao rematar a  guerra, o seu activismo feminista levouna a representar a Marsella, onde traballaba como xornalista, no Congreso Internacional de Mulleres celebrado en París en 1945. Catro anos despois parte cara Arxentina co seu fillo pequeno e  en 1955 regresa a Galicia onde reside ata o seu falecemento en 1971.

A segunda colección do programa “Aquí faltan páxinas”, que busca enxalzar a figura de grandes mulleres vinculadas á provincia e relevantes na historia, comezou o pasado mes de febreiro coa figura da pintora Carmen Babiano e, amais de Placeres Castellanos, tamén contempla a traxectoria de mulleres como a física Inmaculada Paz Andrade; a política e activista Urania Mella; a combatente María Araujo; a raíña Urraca I de León, “A temeraria”; as madriñas de San Simón; as leiteiras de Pontevedra; a pintora Mercedes Ruibal; a escritora Avelina Valladares; a música María Pardo; e a fotógrafa Mary Quintero.

Relacionadas

A Deputación felicita o Nadal a través da Real Banda de Gaitas, que recupera...

0
Titulado “Ourense, tempo de soños”, este traballo audiovisual está protagonizado por Daniela, que ademais de cumprir o seu soño, revive cos acordes desta peza...

Pazolandia abrirá as súas portas o 26 de decembro con importantes novidades como pista...

0
O parque de atraccións máis importante de Galicia, con máis de 8.000 metros cadrados de actividades, estará aberto ata o 4 de xaneiro, en...

Luis Menor destaca a Pilar Cernuda, Premio Carlos Casares de Xornalismo 2024, como “parte...

0
O presidente provincial enxalzou no Casino Antelano á gañadora deste galardón como unha das xornalistas pioneiras da democracia, vivindo en primeira persoa os feitos...

A Deputación axudará aos concellos na elaboración dun censo de instalacións con amianto e...

0
A institución provincial asumirá ao 100% o custe das actuacións, que inclúen, ademais do citado censo, unha proposta de calendario e planificación para a...

O Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo espalla a música e os xogos tradicionais...

0
A Escola Provincial de Danza-Castro Floxo participa mañá en Bande no primeiro Encontro de Cantos de Nadal da localidade; o 28 de decembro actuará...

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Publicacións Relacionadas