HomeA CoruñaRescatada unha persoa que caera nas proximidades do río Vilacoba, no Concello...

Rescatada unha persoa que caera nas proximidades do río Vilacoba, no Concello de Noia

- Anuncio -spot_img

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro participaron ao redor das 19:30 horas de onte, xoves 23 de maio, nun operativo dirixido ao rescate dunha persoa que caeu nun burato nas proximidades do río Vilacoba, no concello de Noia.

A persoa xa fora extraída do burato á chegada dos bombeiros polo que a intervención consistiu na axuda ao persoal sanitario para mobilizar a padiola e trasladar á persoa ao centro de saúde de Noia.

Completaron o operativo a Policía Local de Noia, a Garda Civil de Porto do Son e o GES de Noia.

Publicacións Relacionadas