Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O goberno local promverá accións legais e xudiciais contra o eólico no...

O goberno local promverá accións legais e xudiciais contra o eólico no Morrazo

- Anuncio -

Convida á veciñanza a asistir á asemblea informativa do martes en Riomaior e manterse informada e expectante ante un “macroproxecto destrutivo”

O goberno local levará ao pleno do luns unha moción na que instará á Corporación Municipal a rexeitar a instalación no Morrazo do Parque  presentado no Rexistro Eólico de Galicia pola empresa Arena Power e que se instalaría en montes de Vilaboa, Moaña e Marín, así como respaldar as accións da “Plataforma Eólicos no Morrazo Non” nas actividades que realice.

O goberno de César Poza promoverá, como se recolle na moción, todas as accións legais e xudiciais para impedir a instalación deste ou de calquera outro Parque Eólico no Morrazo, especialmente no referido a emisión de informes e presentación de alegacións no período de exposición pública do proxecto. O Concello instará á Xunta de Galicia a que suprima a “Area de Desenvolvemento Eólico do Morrazo” do Plan Eólico de Galicia.

Sobre as dimensións deste proxecto e as consecuencias concretas que tería para o Morrazo e para os montes de Vilaboa a plataforma “Eólicos no Morrazo Non” convoca unha charla para este vindeiro martes na Casa de Cultura de Riomaior ás 20.30 horas, á que Francisco Costa, concelleiro de Medio Ambiente de Vilaboa, convida a asistir.

Alí explicarase que a empresa “Arena Power”, con sede en Madrid, pretende presentar un proxecto para a construción dun Parque Eólico na comarca do Morrazo formado por 15 aeroxeradores, dúas subestacións coas correspondentes liñas de evacuación eléctrica e dúas torres de observación en terreos dos montes de San Martiño e Domaio no concello de Moaña; Santomé de Piñeiro en Marín e Santa Cristina máis San Adrián de Cobres no de Vilaboa. Este macroparque eólico situaríase dentro da Área de Desenvolvemento Eólico do Morrazo establecida no Plan Eólico da Xunta de 1997 (4.362 hectáreas da elevada dorsal granítica da península, equivalente á cuarta parte da súa superficie).

A oposición de concellos, veciñanza e comunidades de montes frustrou xa algúns outros intentos de instalacións de parques de similares características na contorna polo que o goberno local de Vilaboa considera fundamental que a veciñanza se manteña informada e vixiante ante un proxecto que só na fase de construcción, con voaduras para dinamitar terreo granítico e a apertura ou ensanche de camiños e de novas pistas forestais, impactaría directamente nos ríos, mananciais, acuíferos e afectaría aos numerosos depósitos de traídas de auga municipais e veciñais de todos os concellos, así como á flora e fauna (especialmente nos hábitats de interese comunitario), ás especies protexidas e ao cuantioso patrimonio histórico, nomeadamente ao arqueolóxico.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas