test
Home Xunta de Galicia As II Xornadas da Academia Galega de Teatro abordan co apoio da...

As II Xornadas da Academia Galega de Teatro abordan co apoio da xunta o sistema de programación escénica no marco local

- Anuncio -

Máis de 30 persoas asisten ao encontro, que se desenvolve no Pazo de Mariñán ata mañá sábado

Baixo o título ‘O deseño das programacións teatrais galegas. Na procura dun modelo cooperativo’, proponse un proceso de diálogo entre responsables culturais de entidades locais e as principais compañías de teatro do país

O Pazo de Mariñán, en Bergondo, acolle hoxe a sesión de apertura das II Xornadas da Academia Galega de Teatro, que contan co apoio económico da Xunta de Galicia para a súa celebración arredor do debate sobre o actual sistema de programación escénica que se lle ofrece ao público desde as entidades locais galegas.

No acto participou o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, ademais de Imma Antonio, presidenta da Academia Galega de Teatro; Natividade González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; e Carlos Lorenzo, presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.

O director das Industrias Culturais definiu como un “exercicio de responsabilidade” contribuír a facer realidade as iniciativas que parten dos colectivos que vertebran o sector cultural. “Sobre todo cando os seus proxectos conflúen nos nosos mesmos obxectivos de impulsar e favorecer os distintos ámbitos das nosas manifestacións culturais, por canto poden achegar de positivo na súa relación tanto cos axentes profesionais como con toda a cidadanía”, engadiu.

Referiuse, ademais, á relevancia do debate de fondo que propón este foro, polas implicacións que van máis do mere peche de contratacións artísticas: “estamos a considerar tipos de propostas cara a cada público, a intervir na continuidade da actividade das compañías ou a posibilitar a difusión de determinadas mensaxes ou causas sociais cara ao público. Por iso é de crucial importancia que ese labor de programación se faga coa máxima solvencia e compromiso cos nosos valores”.

Cara a un modelo cooperativo

Máis de 30 persoas participan nas sesións, que se desenvolven hoxe e mañá baixo o lema O deseño das programacións teatrais galegas. Na procura dun modelo cooperativo. O programa de faladoiros e sesións de debate a cargo de axentes culturais de varias entidades locais con responsabilidades na programación de espectáculos escénicos e representantes das principais empresas do sector. A proposta deste encontro parte da necesidade de buscar un modelo estable nas carteleiras de teatro que se levan a cabo desde as administracións locais na procura dun sistema que dea solución á realidade complexa e diversa que existe na actualidade. Neste sentido, a Academia Galega de Teatro pretende xerar un espazo de pensamento e diálogo para reflexionar sobre a necesidade de establecer políticas claras que podan aplicar en todo o territorio galego, facilitando un conxunto de ferramentas que permitan a evolución no marco das artes escénicas en xeral, e do teatro en particular.

Programa das xornadas

Para a tarde de hoxe están programados dous faladoiros moderados por polo director tearal Xavier Castiñeira, e o presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural e técnico de Cultura do Concello de Carral, Carlos Lorenzo. O primeiro debate centrarase nos distintos modelos de compañías de artes escénicas e a súa relación co deseño das programacións teatrais galegas. Participarán no coloquio as compañías Furia Sotelo, Pista Catro, Amorodio Teatro, Ibuprofeno Teatro, Chévere, Caramuxo Teatro, Títeres Cachirulo, Teatro do Atlántico, e haberá tamén representación da asociación profesional Escena Galega.

A continuación, o foco dirixirase sobre os modelos de espazos de programación e a súa influencia no deseño das programacións de teatro, nunha palestra na que debaterán Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía Castro de A Coruña; María José Vázquez, técnica de Cultura do Concello de Ames; Carlos Varela, técnico de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa; Neves Lema, técnica de Cultura do Concello de Vimianzo; Marcos Martínez, coordinador de actividades xuvenís do Concello de Sada; Daniel Loza, técnico de Cultura do Concello de Betanzos; e Madó Santos, que foi técnica de Cultura no Concello de Muros.

Para a xornada de maña sábado está prevista unha xuntanza das persoas asistentes na que se elaborarán as conclusións extraídas destes procesos de diálogo, que serán expostas como peche do encontro.

Relacionadas

Rueda eloxia as iniciativas turísticas que xeran riqueza e conseguen que Galicia siga estando...

0
Destaca o proxecto como un exemplo de turismo sustentable e de calidade A falta dos últimos datos completos de maio, os establecementos turísticos galegos...

Lete Lasa sinala que Moaña será o o epicentro do ciclismo galego ao acoller...

0
_Destaca a participación de 200 ciclistas nestes Campionatos e sinala o nome de Alejandra Neira, do Club Ciclista Cambre, que con tan só 16...

Rueda anuncia que hoxe se publica no DOG a orde de axudas de ata...

0
Galicia é a única comunidade autónoma que ofrece este tipo de axuda directaEste ano tamén se poderán beneficiar as persoas diagnosticadas de Esclerose Lateral...

Sogama propón actualizar o seu canon polo sobrecusto derivado das decisións estatais e a...

0
O Consello de Administración da empresa pública foi informado de que o importe medio a pagar en 2024 pola xestión dos residuos quedaría en...

Xosé Merelles pon en valor do Festival Espírito Ribeiro para diversificar o turismo en...

0
O director de Turismo de Galicia presenta o evento xunto o delegado da Xunta en Ourense que se celebrará en Arnoia, Cenlle e Castrelo...

A Xunta eafirma o seu compromiso co tecido produtivo e co emprego da provincia...

0
José González lembrou accións en colaboración coa CEO a prol da inserción laboral e da formación para o emprego e sinalou que onte aprobáronse...

Publicacións Relacionadas